O esforzo investidor responde ao compromiso do Concello de mellorar o estado das vías e dar resposta a unha das principais necesidades de mantemento do municipio
Ortigueira, 23 de setembro de 2026. O Concello de Ortigueira destinou 2.602.567,66 euros durante os tres primeiros anos de mandato á mellora e renovación das pistas municipais, con actuacións dirixidas a mellorar o estado de numerosas vías secundarias e reforzar a seguridade e as condicións de circulación en distintos puntos do municipio. Esta cifra representa a maior inversión en melloras de pistas nunha lexislatura na historia do Concello, conseguida en tres anos de mandato.
Esta inversión responde a unha das prioridades identificadas polo goberno municipal desde o inicio da lexislatura: dar unha resposta progresiva ás deficiencias que presentaban numerosas pistas e mellorar unhas infraestruturas que teñen un impacto directo na mobilidade e na vida cotiá dos veciños e veciñas.
O esforzo económico realizado nestes tres anos permitiu acometer actuacións de mellora en diferentes vías do termo municipal, avanzando na renovación dunha rede viaria especialmente extensa e que require unha inversión continuada para garantir o seu axeitado mantemento.
Ademais, os 2,6 millóns de euros contabilizados non inclúen as actuacións realizadas en pistas forestais, polo que a inversión total destinada durante este período á mellora das vías do municipio é aínda superior.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destaca que “desde el Concello éramos muy conscientes, desde el inicio de este mandato, de los problemas que generaba el mal estado de muchas de las pistas del municipio. Por eso decidimos abordar esta cuestión con una inversión importante y sostenida, porque el estado de estas infraestructuras tiene un impacto directo en el día a día de nuestros vecinos y vecinas”.
Calvín subliña que “hemos avanzado mucho en estos tres años, pero todavía queda trabajo por hacer. Seguiremos destinando recursos a mejorar las pistas y a dar respuesta a las necesidades que existen en las distintas parroquias del municipio”.



















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



