Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026. O sector lácteo galego está a sufrir novamente os efectos dunha baixada de prezos. Esta última redución supón arredor de 8 céntimos menos por litro de leite, dependendo das distintas industrias recolledoras. A caída dos prezos está a provocar unha diminución moi importante nos ingresos das ganderías galegas, nun contexto no que os custos de produción das explotacións están a aumentar de maneira considerábel. O incremento do prezo dos carburantes repercute nos gastos propios das explotacións, no custo dos fertilizantes e doutros insumos, así como nos contratos con empresas de servizos. Ademais, a seca extrema deste verán está a reducir as principais colleitas forraxeiras e a poñer en risco o subministro de alimentación para os vindeiros meses. A suma de todos estes factores sitúa as explotacións de leite galegas nun momento especialmente crítico.
Na actualidade, Galiza percibe os prezos por litro de leite máis baixos do Estado español, un diferencial que non é puntual, senón que se arrastra desde hai 16 anos, concretamente desde 2010. En anos anteriores, especialmente en 2007, 2008 e 2009, chegouse a cobrar por riba da media estatal, coincidindo con outras políticas agrarias impulsadas pola Xunta de Galiza.
As causas desta situación son diversas, mais destaca a desaparición da Mesa do Leite, que permite que industria e distribución actúen libremente fixando prezos de maneira unilateral. A Lei da Cadea Alimentaria continúa a ser unha declaración de intencións sen efectos reais na garantía de prezos que cubran os custos de produción, sen impacto positivo para as ganderías.
O sector lácteo galego tamén se caracteriza pola ausencia dunha industria de base cooperativa que constitúa un verdadeiro grupo lácteo galego, que permita ás explotacións ter maior capacidade de negociación para acadar prezos dignos.
Outro dos grandes hándicaps é a falta dun goberno galego preocupado pola situación do sector e cun mínimo interese en actuar en beneficio do agro. As decisións tomadas nos últimos anos polos gobernos de Feijóo e Rueda resultaron contraproducentes para mellorar as condicións das ganderías lácteas.
Nos últimos días, as industrias lácteas están a falar de posibles subas de 2 céntimos para as próximas renovacións contractuais. Ademais de tratarse novamente de decisións unilaterais, desde FRUGA considérase que estas subas son totalmente insuficientes, tendo en conta que se prevén importantes baixadas na produción láctea tanto no Estado español como no conxunto de Europa, derivadas da seca deste verán. Teoricamente, unha diminución da produción debería implicar un aumento dos prezos, ao manterse a demanda.
Por todo isto, FRUGA considera imprescindible que a Xunta poña en marcha todos os mecanismos ao seu alcance para favorecer un aumento dos prezos acorde coa situación actual, comezando pola convocatoria da Mesa do Leite, e evitando que a gran distribución actúe libremente co apoio das industrias, en beneficio propio e poñendo en risco a viabilidade do sector leiteiro galego.



















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



