Madrid, 23 de setembro, 2026. O senador socialista César Mogo acusou ao senador popular Juan Serrano de “encher de lodo e mentiras” o debate na Comisión de Traballo do Senado, na que o PP aprobou unha moción que, segundo afirmou, “non lle vale para nada aos autónomos da provincia de Lugo”.
Mogo criticou que o PP utilizase a súa maioría para sacar adiante unha iniciativa “chea de xeneralidades e sen utilidade real” para o colectivo de autónomos lucenses. O máis grave, segundo indicou, foi a intervención de Serrano, que “non se dedicou a falar dos autónomos, senón a esparcir falsidades dirixidas ao portavoz socialista”, a pesar de que este “non descualificara a ninguén no debate”. Considera “lamentable” que o PP de Lugo permita intervencións “deplorables e faltas de respecto” dun parlamentario da provincia, asegurando que “hoxe deu o espectáculo retratando o seu estilo”.
O senador explicou que, na súa intervención, trasladou ao PP que Lugo é unha das provincias con maior porcentaxe de autónomos en termos relativos, pero que descendeu en cifras absolutas polo peso da agricultura —en retroceso en todo o país— e polo envellecemento da poboación. Asegurou que o PP “fixo oídos xordos” e apostou por “solucións erróneas” e mesmo “disparatadas”, como a proposta dunha política fiscal diferenciada para Lugo.
Mogo insistiu en que o problema da substitución xeracional dos autónomos debe abordarse con recursos e políticas activas, competencia da Xunta de Galicia. Lembrou que o Goberno central puxo á disposición das comunidades autónomas 15 millóns de euros desde maio, ampliables nos Orzamentos Xerais do Estado, e que é aí onde “debe colocarse a prioridade para Lugo”.
O senador destacou que, entre agosto de 2025 e agosto de 2026, o número de autónomos medrou en España un 1,93%, sendo o grupo de idade de 26 a 35 anos o que máis aumenta. Tamén melloraron as cifras en A Coruña, Ourense e Pontevedra. Por iso, considera que os problemas de Lugo responden a factores estruturais “máis relevantes que os tópicos que repite o PP”, e que deben ser abordados con “políticas reais e non con saídas falsas”.
Finalmente, Mogo lembrou que o Goberno de Pedro Sánchez impulsou desde 2018 reformas que melloraron a situación de case 3,5 millóns de autónomos, incluídos os galegos: o novo sistema de cotización en función dos ingresos reais, novas medidas de protección social, cobertura do cesamento de actividade e protección ante continxencias profesionais, entre outras. “Todas beneficiaron aos autónomos lucenses; agora trátase de seguir mellorando na boa dirección. O lodo do PP lucense é o camiño equivocado”, concluíu.


















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



