Lourenzá, 24 de setembro de 2026. A XXXIV Festa da Faba de Lourenzá celebrarase do 2 ao 4 de outubro e será pregoada por José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá. Será o sábado 3 ás 12:00 horas.
Pero as actividades xa comezarán o venres: ás 20:00 horas haberá unha cata de viño comentada a cargo da adega Triay (D.O. Monterrei) no claustro do mosteiro; e desde ás 21:00 horas, verbena coa actuación de Toxo Guayaba e The Sound Project, no Campo dos bolos.
O sábado ás 11:00 horas será a apertura da XXXIV Festa da Faba, coas casetas de fabeiros na Praza do Conde Santo; stand Institucional do Concello de Antas de Ulla; demostración e exposición de artesáns e alimentación, en prazas e rúas da vila; inicio da XII Vespa Faba e Clásicos, na rúa Femández del Riego; e pasacalles coa Rondalla Mugardesa. Despois haberá o pregón e ás 12:30 horas comezará un showcooking a cargo do cociñeiro Alex Iglesias, na Praza do Conde Santo. Desde as 13:30 horas haberá sesión vermú coa orquestra Atenas no Campo dos bolos, onde ás 13:30 horas empezará a degustación popular da Faba de Lourenzá con viños da adega Triay (D.O. Monterrei) e café cortesía do departamento de hostalería do IES de Foz.
As actividades do sábado continuará ás 16:30 horas con pasacalles a cargo da charanga Leña Verde. Ás 17:00 horas haberá un obradoiro infantil de cociña a cargo de A Morena, na Praza do Conde Santo. Desde as 17:30 horas degustaranse petiscos elaborados con carne de poldro de pura raza galega (PuRaGa) no Cantón. Ás 19.30 horas actuará Sheila Patricia, no Claustro. E a partir das 22:30 horas no Campo dos bolos terá lugar a verbena coa orquestra Atenas e The Sound Project.
O domingo ás 8:00 horas abrirá o mercado faba ao por maior, no Mercado comarcal. Ás 10:00 horas será a apertura das casetas dos fabeiros, na Praza do Conde Santo. Ás 11:00 horas comezará a segunda parte da XII Vespa Faba e Clásicos, na rúa Fernández del Riego, e un pasacalles da charanga Louband. Ás 11:30 horas haberá un showcooking a cargo do cociñeiro Álex Iglesias, na Praza do Conde Santo, onde ás 13:30 horas terá lugar a actividade Faga Bingo. Tamén a esa hora comezará a sesión vermú, coa orquestra Lume, no Campo dos bolos, e a degustación popular da Faba de Lourenzá con viños da adega Triay (D.O. Monterrei) e café cortesía do departamento de hostalería do IES de Foz. Para as 17:00 horas está programado un obradoiro infantil de cociña a cargo de A Morena, na Praza do Conde Santo. Ás 17:30 horas haberá degustación de petiscos elaborados con carne de poldro de pura raza galega (PuRaGa)no Cantón. E ás 18:30 horas celebrarase un festival folclórico coa Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e o coro de Cantigas e Agarimos, no Claustro, onde tamén ser fará a clausura da XXXIV Festa da Faba.
Ademais os bares da vila serviranse tapas elaboradas con Fabas de Lourenzá. Durante o sábado e o domingo un tren turístico levará aos veciños e visitantes a percorrer a Rota das Fabas.
O Concello de Lourenzá tamén anuncia que de 18:00 a 19:00 horas as atraccións infantís funcionarán sen son “para que as persoas de espectro autista ou aquelas cunha grande sensibilidade a certos son tamén poidan disfrutar desta festa”.
E respecto ás catas de viño explica que nesta ocasión “encargaranse delas a empresa que fai as degustacións de fabas e a adega e o prezo da entrada será de 5 euros para as persoas que queiran participar”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



