Nesta edición de 2026, oito familias foron beneficiarias dun total de nove axudas de 500 euros por cada nacemento
Ortigueira, 25 de setembro de 2026. O Concello de Ortigueira concedeu nove axudas á natalidade correspondentes á convocatoria de 2026, das que se beneficiaron un total de oito familias do municipio.
As familias beneficiarias reciben unha axuda de 500 euros por cada nacemento que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria, unha contía que se aboa por cada fillo ou filla nacido dentro do período correspondente.
Con esta iniciativa, o obxectivo do Concello é contribuír ao apoio ás familias de Ortigueira nun momento tan importante como é a chegada dun novo membro, ao tempo que continúa impulsando medidas para favorecer a natalidade e o asentamento de poboación no municipio.
Esta liña de axudas enmárcase dentro do conxunto de medidas que o Concello de Ortigueira vén desenvolvendo para apoiar ás familias e para facer de Ortigueira un lugar atractivo onde vivir, crear e poder construír un proxecto de vida a través da concellería de promoción económica dirixida por Isabel Rego.
“Estas ayudas son un paso más para que las familias de Ortigueira sientan el respaldo del Concello en una etapa tan especial como es la llegada de un nuevo miembro a la familia. Nuestro compromiso es seguir trabajando para que cada vez más familias elijan Ortigueira como el lugar donde construir su proyecto de vida”, comenta a concelleira.



















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



