As persoas interesadas xa poden anotarse na Casa da Cultura o na Casa do Concello
Cervo, 25 de setembro, 2026. O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición de Arruguiñas, o programa municipal gratuíto de envellecemento activo dirixido ás persoas maiores de 60 anos, que se desenvolverá desde o mes de outubro. As persoas interesadas xa poden anotarse na Casa da Cultura o na Casa do Concello.
A iniciativa mantén a súa aposta por ofrecer un amplo abanico de actividades destinadas a favorecer o benestar físico, mental e social das persoas participantes, combinando propostas xa consolidadas con novas actividades e ampliando tamén algunhas das iniciativas que se desenvolven no Centro de Día Residencia.
O programa inclúe talleres de memoria, Móvete, inglés, Actívate, iniciación á lingua de signos, talleres terapéuticos, terapia con maiores–como novidade- e Charlando, ademais doutras actividades pensadas para fomentar a participación, a socialización e a autonomía das persoas maiores.
Entre as novidades desta edición destaca a incorporación da iniciación á lingua de signos tamén en Cervo, os mércores de 17:00 a 18:00 horas na Biblioteca de Cervo., da man de EMotiVavet. En San Cibrao, esta actividade desenvolverase os xoves, de 17:00 a 18:00 horas, na Casa do Mar.
Tamén se reforza o programa Actívate, que terá lugar os martes e xoves, de 11:30 a 12:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao, con propostas como “Conectámonos”, centrada no manexo das novas tecnoloxías; “A miña voz interior”, orientada á activación cognitiva a través dos recordos e as emocións; “A miña mente”, destinada a estimular e preservar as actividades sociocognitivas; e “Envellecemento activo”, centrada nas habilidades manipulativas e na psicomotricidade fina.
O taller de memoria manterá as súas actividades en Cervo, os martes e xoves de 17:00 a 18:30 horas na Biblioteca, e en San Cibrao, os luns e mércores, con dous grupos de 17:00 a 18:30 e de 18:30 a 20:00 horas na Casa do Mar.
Pola súa banda, Móvete desenvolverase en Cervo os martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas e en San Ciprián os luns e mércores de 9:30 a 10:30 horas, coa finalidade de incorporar o exercicio físico á rutina diaria e favorecer tamén a socialización.
Outra das propostas é o inglés para o día a día, con clases os mércores de 18:00 a 19:00 horas na Biblioteca de Cervo e os martes de 18:30 a 19:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián coa colaboración da English School de San Cibrao.
Os talleres terapéuticos, en colaboración con Saúde Mental A Mariña, desenvolveranse os venres de 16:00 a 18:00 horas na Casa do Mar.
ARRUGUIÑAS TAMÉN MEDRA NO CENTRO DE DÍA RESIDENCIA
Unha das apostas desta nova edición é ampliar as actividades que se desenvolven no Centro de Día Residencia, achegando o programa tamén ás persoas usuarias do centro.. Así a programación no CDR complétase con terapia asistida con cans, da man de EMotiVavet e tamén haberá unha monitora todas as tardes.
A programación complétase con “Charlando”, encontros informais e didácticos cunha periodicidade mensual e coa participación de profesionais de diferentes sectores, con temas de interese para o día a día das persoas maiores.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destaca que “Arruguiñas é moito máis ca un programa de actividades: é un espazo para compartir, aprender, manterse activos e, sobre todo, para que as nosas persoas maiores continúen tendo un papel protagonista na vida do municipio”.
“Queremos que cada persoa poida atopar dentro de Arruguiñas actividades que lle interesen e que contribúan ao seu benestar físico, mental e social”, engade.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



