O Valadouro, 24 de setembro, 2026. A veciñanza do Concello do Valadouro continúa a sufrir microcortes e interrupcións momentáneas do subministro eléctrico case a diario, unha situación que está a xerar preocupación e malestar entre os residentes.
Os cortes prodúcense en diferentes puntos do municipio e de maneira reiterada, polo que non se trata dun feito puntual. Aínda que moitas interrupcións son de curta duración, afectan ao funcionamento de electrodomésticos, equipos informáticos, sistemas electrónicos e instalacións, ademais das molestias que ocasionan nos fogares e nos negocios locais.
Esta problemática foi exposta no último pleno municipal a iniciativa do PSOE, evidenciando que o asunto preocupa tamén no ámbito institucional. Porén, os microcortes continúan, polo que a veciñanza considera necesario pasar das explicacións ás solucións.
A cidadanía reclama á empresa distribuidora que revise de forma exhaustiva a rede eléctrica, identifique a orixe das interrupcións e adopte medidas para garantir un subministro estable e de calidade. Tamén se pide que o Concello e as administracións competentes fagan un seguimento activo da situación e esixan á compañía unha resposta clara: causas dos cortes, actuacións previstas e prazos para a súa resolución definitiva.
Nun municipio rural como O Valadouro, onde fogares, pequenos negocios e servizos dependen dun subministro fiable, non se pode normalizar que un servizo básico presente interrupcións case diarias sen explicación nin solución.
A veciñanza continuará recollendo datos sobre os episodios —datas, horarios e zonas afectadas— para documentar a situación e trasladala aos organismos correspondentes se fose necesario.
O que se reclama é sinxelo: un subministro eléctrico estable e de calidade, e unha resposta clara ante unha problemática que leva tempo afectando a diferentes puntos do Concello do Valadouro.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



