Olalla Rodil e Daniel Castro anuncian en San Cibrao iniciativas para dar solución ao problema do elevado incremento de tarifas e demandan que a Xunta asuma titularidade e a xestión pública do Centro Residencial e Centro de Día de Cervo
Cervo, 23 de setembro, 2026. Na tarde de hoxe a deputada Olalla Rodil e o deputado Daniel Castro compareceron en rolda de prensa xunto cos membros do Grupo Municipal do BNG de Cervo David Villares e Zulema Murado para anunciar diversas propostas no Parlamento a respecto da residencia de maiores e centro de día de Cervo.
A problemática xurdiu a principios deste ano, cando xa o BNG se interesara no pleno polo posible incremento das tarifas no CDR (centro de día-residencia) coa nova concesión. A resposta da alcaldesa do PP no pleno fora que non se coñecía cal sería, cando xa se sabía que se encarecería nun 40%. O BNG xa denunciara tamén que non se informara durante os anos de tramitación deste contrato de concesión de servizo, nin á oposición nin a usuari@s nin aos seus familiares.
Unha residencia municipal non debe funcionar coa lóxica dun negocio que ten que garantir beneficios. Debe funcionar coa lóxica dun servizopúblico que ten que garantir dereitos”
O portavoz municipal David Villares recordou esta situación vivida ao longo do ano e recordou que xa advertiran no pleno que nin o estudo económico que serviu de base ao proceso, nin a licitación, nin a ordenanza finalmente aprobada respondían a unha visión de servizo público centrada nas persoas usuarias senón que pola contra, todo o proceso estivo condicionado pola necesidade de garantir a rendibilidade económica da empresa concesionaria. “Pero aquí non se trata dunha empresa privada que pon uns prezos que cubran os custos de explotación e deixen unhas marxes de beneficio. Trátase dun servizo público e polo tanto as tarifas dos usuarios non teñen por que cubrir os custes e o beneficio empresarial, e nós xa dixemos no seu día que a ordenanza o que debería recoller é as tarifas dos usuarios por un lado e por outro establecer mecanismos para sufragar o resto do custo” manifestou Villares, engadindo tamén que “a nosa posición é clara: unha residencia municipal non debe funcionar coa lóxica dun negocio que ten que garantir beneficios. Debe funcionar coa lóxica dun servizopúblico que ten que garantir dereitos”.
Desde o BNG referíronse tamén á inacción do concello a respecto desta problemática, pois despois de se aprobaren modificacións e suplementos de crédito para sufragar o concello a parte do incremento das tarifas, nada máis se soubo ao respecto.
Demandan que a Xunta asuma titularidade e a xestión pública do Centro Residencial e Centro de Día de Cervo
Olalla Rodil, deputada e responsable de Política Social no grupo parlamentario nacionalista anunciou que demandarán no Parlamento que a Xunta asuma a titularidade e a xestión pública do Centro Residencial e Centro de Día de Cervo.“A ideoloxía do Partido Popular ve como normal que se faga negocio coa velle drenando recursos públicos ao sector privado, en vez de apostar porque haxa unha rede pública que garanta a calidade de vida das persoas maiores”, afirmou
Anuncio electoralista do PP de residencias de maiores. 24 residencias, ningunha na Mariña
Rodil referiuse tamén ao modelo electoralista de residencias de maiores do PP que afonda na privatización e advertindo que Rueda usa os dereitos da poboación maior para facer campaña. “O BNG sempre defendeu que o criterio para distribuír novos equipamentos de carácter social pasa por fortalecer a rede pública naqueles lugares onde existe unha maior demanda, unha maior lista de espera a día de hoxe para optar unha praza nunha residencia de maiores”, aclara.
Rodil recalca que o dereito a unha vellez digna “é un dereito fundamental que non pode acabar sendo obxecto do negocio e do lucro dun puñado de empresas”. Por iso, o BNG esíxelle ao PP que asuma a titularidade e a xestión pública desas 24 novas residencias e que o faga a través dos instrumentos que ten, como a Axencia Galega de Servizos Sociais, e despois que aclare por que se decidiu optar por uns concellos e non por outros, e terá que explicar tamén porque non contempla ningunha residencia na Mariña”
O BNG vén denunciando que en Galiza hai un enorme déficit de prazas públicas de residencia. “O PP non pode usar os dereitos da poboación maior para facer campaña electoral”, critica Rodil. “É un despropósito que se este a xogar, en primeiro lugar, coas necesidades de milleiros de galegas e galegos dependentes que levan anos agardando por unha praza nunha residencia pública.”























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



