Ourol, 23 de setembro de 2026. O deputado Daniel García participou este mércores na presentación das IV Xornadas Etnográficas da Mariña, que se celebran a fin de semana -26 e 27 de setembro- en Ourol e que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
As xornadas, organizadas pola Asociación Tecedeira co apoio da área de Mocidade da Vicepresidentcia da Deputación e, nesta edición, coa colaboración Concello de Ourol e da Asociación Aturuxeiros, converterán Ourol en punto de encontro da cultural tradicional galega, cunha programación de dous días que inclúe concertos, foliada, mostras etnográficas, obradoiros e diferentes propostas participativas enfocadas na transmisión e divulgacion do patrimonio cultural e etnográfico galego, e especialmente da comarca da Mariña.
Daniel García valorou a aposta de Tecedeira pola itinerancia das xornadas, que en edicións pasadas se celebraron en Ribadeo, Xove e Barreiros e que este ano chegan a Ourol, contribuíndo ao dinamismo cultural da Mariña interior e reforzando os vínculos entre o tecido asociativo ligado á musica a cultura tradicional na comarca”.
A programación comezará o sábado 26 no Edificio Multiusos de Ourol, coa benvida e apertura das Xornadas ás 11:30 horas. Ás 12:00 horas, Leticia Rei e Miguel Lesta, investigadores e mestres de música tradicional, impartirán o obradoiro Ollar o pasado cos ollos do presente, unha proposta para achegarse á tradición oral e musical desde unha perspectiva actual. Xa pola tarde, ás 16:00 horas, a artista e investigadora focega Ugía Pedreira ofrecerá o obradoiro Cantares de vida.
A actividade trasladarase despois á carpa instalada na Praza do Concello, onde ás 19:00 horas dará comezo unha gran foliada coa participación de agrupacións chegadas de distintos puntos da Mariña: A Rebolaxe (Cervo), As Ferriñas (O Vicedo), Amado Lar (O Valadouro), Arume (Burela), Espera que vou mexar (Ourol-Viveiro), Pandeireteiras da Sementeira (Viveiro), Pandeireteiros do Inferno (Ribadeo) e Xaora (Xove). A xornada do sábado continuará ás 22:30 horas cos concertos de Balteira e Percal Pandeireteiras. Ao remate dos concertos, a música continuará cunha foliada aberta.
O domingo 27, a programación continuará na carpa da Praza do Concello. Ás 13:00 horas celebrarase a Verbena Galega d’Antes, un espectáculo participativo da escola Oxeito, acompañado da música de Airiños da Freba, que recuperará o espírito dos bailes e das verbenas tradicionais.
As Xornadas despediranse ás 18:00 horas cunha Mostra Etnográfica e acto de clausura, coa participación das asociacións Amado Lar, do Valadouro, e A Volta do Agro, de Lugo, pechando así dous días dedicados ao encontro interxeracional, á participación e á posta en valor da cultura popular. Durante a programación haberá tamén servizo de bar e comida na carpa, co que o público poderá colaborar directamente coa organización. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo destina 18.000 euros á organización das Xornadas.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



