Ribadeo, 23 de setembro, 2026. A Academia Xacobea presentou hoxe no Concello de Ribadeo a XXI edición das Xornadas Mar por Medio – Comunicación e proxección dos valores xacobeos, que terán lugar os días 10 e 11 de outubro na vila mariñá. No acto participaron o alcalde, Daniel Vega; o presidente da Academia, Marcelino Agís; a reitora da USC, Rosa Crujeiras; o presidente de honra, Xesús Palmou; a secretaria xeral, Milagros Otero; e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
Durante a presentación anunciouse tamén a sesión solemne de ingreso de dous novos académicos:
– John Rutherford, como académico de honra.
– Manuel Valín, como académico correspondente.
Difundir os valores xacobeos, eixo central das Xornadas
Marcelino Agís destacou que o obxectivo fundamental desta edición é dar a coñecer e proxectar os valores xacobeos, parte esencial da identidade cultural europea. Para iso, o programa inclúe unha mesa con xornalistas e responsables de medios galegos, así como intervencións de representantes de asociacións xacobeas de Galicia, Asturias e Cantabria.
A conferencia de peche correrá a cargo de Darío Villanueva, exreitor da USC e exdirector da Real Academia Española. O domingo celebrarase a sesión solemne de ingreso dos novos académicos.
Agís agradeceu o apoio continuado do Concello de Ribadeo e animou especialmente ao profesorado e ao alumnado novo a participar para coñecer e valorar este patrimonio.
A USC e Ribadeo, aliados na difusión do Camiño
A reitora da USC, Rosa Crujeiras, subliñou que Mar por Medio permite á Universidade deslocalizar actividades e reforzar a súa vocación galega: “Somos a Universidade de Santiago, pero tamén a Universidade de Galicia”. Reivindicou que os valores do Camiño forman parte da identidade da institución.
Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, destacou o crecemento das xornadas desde a súa recuperación hai cinco anos e lembrou a importancia de reivindicar o Camiño Norte, que atravesa a vila e é Patrimonio da Humanidade.
Programa das Xornadas
Sábado 10 de outubro – Casa do Concello de Ribadeo
Conferencia de Ricardo Polín, académico correspondente.
Mesa redonda sobre comunicación e os Camiños de Santiago, con directores de medios galegos.
Mesa sobre os valores do Camiño, con asociacións de amigos do Camiño de Galicia, Asturias e Cantabria.
Conferencia de Darío Villanueva.
Concerto da Coral Polifónica de Ribadeo.
Domingo 11 de outubro – Auditorio de Ribadeo
Sesión solemne de ingreso de John Rutherford e Manuel Valín.
Inscrición
As persoas interesadas poden inscribirse en www.academiaxacobea.gal entre o 23 de setembro e o 7 de outubro de 2026.
Sobre a Academia Xacobea
A Academia Xacobea é unha institución cultural e científica con sede en Santiago de Compostela dedicada ao estudo, investigación e difusión do fenómeno xacobeo en todas as súas dimensións. Organiza xornadas, congresos, premios literarios e actos institucionais en colaboración con entidades públicas e privadas.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



