Os populares denuncian o “sectarismo e a actitude autoritaria” do goberno provincial por castigar a concellos doutra cor política como Ribadeo mentres incumpre as súas competencias permanentemente en mantemento viario
Lugo, 27 de setembro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no pleno da próxima semana unha iniciativa na que esixen ao goberno provincial de PSOE e BNG que pida disculpas públicas aos veciños de Ribadeo despois de que a xustiza anulase e deixase sen efecto a resolución sancionadora pola que se lle impuxera unha multa de 25.000 euros ao Concello de Ribadeo.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou que esta sentenza ratifica que a actuación do Concello de Ribadeo “foi correcta ante a necesidade evidente” de acometer labores de desbroce e limpeza de maleza nas vías provinciais para garantir a seguridade dos usuarios, unha competencia que lle corresponde á Deputación e ante a cal o ente provincial “mirou para outro lado”.
Antonio Ameijide denunciou o “sectarismo e a actitude autoritaria” do goberno provincial —tanto baixo a etapa anterior como coa actual presidencia de Carmela López, integrada polos mesmos membros— cos municipios gobernados polo Partido Popular.
Neste sentido, o voceiro popular lembrou que esta resolución evidencia o prexuízo económico que o executivo pretendía causar aos veciños de Ribadeo “unicamente porque o Concello realizou os traballos que a Deputación se negaba a realizar en prol da seguridade viaria”.
Antonio Ameijide sinalou que esta sentenza supón un novo revés xudicial para o goberno de PSOE e BNG á fronte da Deputación xa que cómpre recordar as recentes derrotas xudiciais relacionadas co traslado dos traballadores de Suplusa a Tragsa —declarada nula polo Tribunal Supremo— e a condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por inactividade na apertura da residencia de maiores de Becerreá.
Ante esta situación, os deputados populares defenderán unha moción para reprobar ao anterior presidente, José Tomé, como responsable principal desta decisión, e para reclamar ao goberno provincial que abandone a confrontación, instando ao goberno provincial a priorizar a lealdade institucional, a cooperación e a axuda aos concellos, absténdose de sancionar e perseguir aos municipios da provincia por motivos políticos.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



