Os populares fanse eco das reivindicacións das organizacións agrarias e esixen a substitución do sistema actual de axudas por un máis áxil no que o agricultor ou o pescador non teñan que adiantar diñeiro
O Saviñao, 27 de setembro de 2026. O Partido Popular levará ao Congreso e ao Senado unha iniciativa para esixir ao Goberno de España axudas de emerxencia ao sector agrícola e pesqueiro ante a forte suba do gasóleo e dos fertilizantes. Así o explicou o deputado galego no Congreso, Francisco Conde, durante unha visita a unha explotación gandeira no Saviñao (Lugo), a Gandería Teijeiro e Rodríguez SC, xunto co alcalde, Carlos Armesto, e os deputados lucenses Jaime De Olano e Cristina Abades, a portavoz de Agricultura, Pesca e Alimentación do Grupo Popular no Congreso, Rosa Quintana, e o portavoz de Pesca no Senado, Manuel Ruiz e o senador lucense José Manuel Balseiro.
O Partido Popular propón artellar un novo Plan de Axudas de Emerxencia para compensar a suba dos custos enerxéticos, do gasóleo e dos fertilizantes. Nese sentido, esixe ao Goberno de Sánchez utilizar toda a marxe de actuación que permite a Unión Europea, ata o 70% do incremento dos prezos e que “o Goberno de España non está a aplicar” porque estableceu un máximo de 20 céntimos por litro de gasóleo de uso agrario -ata o 30 de setembro- cando a UE permite compensar ata o 70% dos sobrecustos en relación ao prezo anterior ao conflito bélico en Oriente Medio. “E a situación do sector pesqueiro é similar”, engaden os populares.
Conde considera “imprescindible” revisar á alza as axudas ao gasóleo polo que se mostra crítico coa posibilidade de retiralas de forma gradual “toda vez que as circunstancias que motivaron estas axudas non cambiaron. É máis, a situación cada vez vai a peor”.
Os populares teñen trasladado estas propostas aos representantes das organizacións agrarias que convocan mobilizacións pola “inacción” do Goberno de Sánchez ante os altos prezos dos carburantes e fertilizantes que comprometen a rendibilidade dos sectores produtivos. En Galicia, afecta a máis de 65.000 explotacións gandeiras (máis de 25.000 de gando bovino) das que 22.000 (máis de 10.000 de bovino) se atopan na provincia de Lugo.
O PP tamén esixe ao Goberno de España, facéndose eco das reivindicacións das organizacións agrarias, a substitución do sistema actual de axudas por un máis áxil no que o agricultor ou o pescador non teñan que adiantar diñeiro. De feito, a axuda ao gasóleo agrario tramítase xunto á devolución anual do Imposto Especial sobre Hidrocarburos, polo que se atrasa a súa percepción. E no caso dos armadores tamén teñen que adiantar o custo durante meses.
As medidas propostas polo Partido Popular buscan que a subida dos custos de produción non deixen a ningún agricultor sen sementar ou abandone a súa explotación, nin que os pescadores se vexan obrigados a deixar de faenar.
SECA
A escaseza xeneraliza de choivas que tamén está a afectar ao sector agrogandeiro galego agrava a situación de moitas explotacións polo que o popular galego tamén pediu ao Executivo a convocatoria “urxente” da Mesa Nacional da Seca para dar resposta ao sector.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


