Mondoñedo, 26 de setembro, 2026. O Concello de Mondoñedo presentou unha nova edición da feira das San Lucas, que se celebrará entre o 16 e o 25 de outubro e que este ano cumpre a súa edición número 870, consolidándose como unha das feiras máis antigas de Galicia e de Europa. A presentación contou coa participación da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e da Asociación As San Lucas, entidade organizadora xunto ao Concello.
O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, destacou a longa historia e singularidade da feira, lembrando que a Administración autonómica —a través de Turismo de Galicia— informou favorablemente a solicitude do Concello para a súa declaración como Festa de Interese Turístico Nacional, tras comprobar o cumprimento dos requisitos que poñen en valor os compoñentes históricos, culturais e turísticos desta celebración.
Pola súa banda, o deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, subliñou a capacidade de convocatoria das San Lucas, que cada ano atraen milleiros de visitantes e contribúen a dinamizar Mondoñedo e a Mariña Lucense. A Deputación impulsa esta edición cunha achega económica de 35.000 euros, reafirmando o seu compromiso coas celebracións que fortalecen o tecido social e económico dos concellos.
Tamén participou na presentación o deputado Daniel García, quen puxo en valor o traballo da organización e a importancia das San Lucas como celebración que conecta coa identidade e a tradición do país. Como responsable de Rural, lembrou que o corazón da feira está na baixada dos cabalos e nos curros, actividades que dependen directamente da continuidade da gandería extensiva. García tivo palabras de lembranza para Luciano García, da gandería Xan das Bouzas, falecido en xullo e impulsor da baixada dos cabalos.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable coa Asociación As San Lucas, incrementando este ano a achega da área de Cultura ata os 30.000 euros, ademais de ofrecer apoio organizativo e loxístico á feira gandeira. Nesta edición tamén se poderá visitar en Mondoñedo a exposición fotográfica Gardiáns, de Jorge Arévalo, centrada no traballo das ganderías de razas autóctonas.
O programa das San Lucas 2026 mantén a esencia tradicional da feira, outorgando aos cabalos o seu protagonismo histórico, con citas como a baixada polas rúas o sábado 17 e a Gran Feira de Gando Cabalar o domingo 18, ademais de concursos morfolóxicos e espectáculos de doma nocturna.
No apartado musical destacan os concertos de The Rapants, Xabier Díaz, Abraham Cupeiro e Luar na Lubre, xunto con verbenas todas as noites. O pregón correrá a cargo de Luis Rego Valcarce, ex alcalde de Mondoñedo e impulsor do 850º aniversario da feira, o venres 16 ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga. O programa complétase con propostas culturais e lúdicas como o monólogo de David Perdomo o venres 23.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


