As empresas interesadas neste procedemento teñen ata o 11 de setembro para presentar as súas ofertas
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2026. A Xunta publica hoxe, no Portal de Contratos Públicos de Galicia, a licitación, por un importe de 540.023 euros, da contratación da subministración sucesiva de reactivos e material necesario para a realización de técnicas de citoloxía con destino aos centros hospitalarios da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Así, o contrato, que terá unha duración inicial de 24 meses con posibles prórrogas por un período máximo de tres anos, tamén contempla o arrendamento e mantemento do equipo requirido para levar a cabo estes procedementos. Deste xeito, o valor estimado do expedinte é de 1.338.900 euros.
Os estudos anatomopatolóxicos son unha parte esencial no diagnóstico de gran parte dos procesos patolóxicos, imprescindibles na área de Oncohematoloxía e de gran relevancia na abordaxe terapéutica actual. O material a licitar inclúe reactivos, calibradores, produtos químicos e diluentes, entre outros.
En concreto, a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos conta con tres laboratorios de Anatomía Patolóxica. Neste senso, para o procesamento das citoloxías, o consumo anual estimado de reactivos e o resto de material necesario é de 28.300 no Hospital Universitario Lucus Augusti, 4.700 no da Mariña e 3.500 no de Monforte de Lemos.
No Hospital Universitario Lucus Augusti, 15.000 deses 28.300 teñen como obxecto o procesamento de mostras do cribado poboacional de cancro de cérvix de Galicia.
As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro 11 de setembro para presentar as súas ofertas.
Detección precoz do cancro
O Programa galego de detección precoz de cancro de cérvix, posto en marcha pola Xunta no ano 2021, diagnosticou, ata o 31 de decembro de 2025, un total de 105 cancros, dos que o 75,7 % estaban en fase inicial. Desta forma, o cribado mellora as posibilidades de tratamento e supervivencia das pacientes.
Desde o comezo do programa, a Consellería de Sanidade invitou a participar a 397.877 mulleres, o que representa preto do 65 % das mulleres de 35 a 65 anos. Destas preto de 400.000 mulleres invitadas, o 62,55 % aceptou participar escollendo no 42,7 % dos casos cita con matronas e no 57,3 % dos casos autotoma.
Das 248.872 mulleres que participaron, un 6,9 % resultaron positivas a algún xenotipo de alto risco do virus do papiloma humano.

















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



