Abadín, 12 de agosto de 2026. O PSdeG de Abadín denuncia que o alcalde, José María Rancaño, negou no Pleno a existencia de informes sobre as plantas de biometano cando estes documentos xa foran elaborados polos propios servizos técnicos municipais.
O voceiro socialista de Abadín, Pablo Díaz, denunciou que no Pleno do pasado 19 de maio, Rancaño afirmou, en relación coa planta de Quende: “Veñen falar dunha planta en Quende sen expediente, sen informes e sen base técnica ningunha”. Porén, despois de que o PsdeG solicitase acceso á documentación, o alcalde recoñeceu por escrito que os informes foron elaborados polos servizos técnicos municipais. A pesar diso, decidiu non facilitar as copias e aprazar a súa entrega ata que remate o procedemento administrativo e a Xunta de Galicia resolva o expediente.
“É moi grave que o alcalde diga diante do Pleno que non existen informes cando si existen. Non estamos falando dunha opinión ou dunha interpretación: estamos falando de documentos elaborados polos propios servizos técnicos municipais”, reprochou.
Díaz considera que esta actuación supón “unha falta de transparencia inadmisible” e anuncia que presentará un recurso de reposición contra a decisión de aprazar a entrega da documentación. “Non imos permitir que se oculte información aos concelleiros nin aos veciños e veciñas de Abadín. Queremos saber que informes existen, que din e por que o alcalde afirmou no Pleno que non había ningún”, sinalan.
Os socialistas reclaman ao alcalde que facilite a documentación e dea explicacións públicas sobre esta contradición. “Abadín merece saber. O alcalde non pode dicir no Pleno que non existen informes e, cando llos pedimos, recoñecer que si existen e negarse a entregalos”, conclúe o voceiro socialista de Abadín.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


