A Mariña, 16 de agosto, 2026. O Festival Bal y Gay reuniu o sábado 15 de agosto, no Pazo de Fontao en Santa Cilla (Foz), a un grupo de músicos galegos de destacada proxección internacional nun proxecto ideado por Iria Folgado que reivindica os vínculos entre a tradición celta e o repertorio británico do século XX. A iniciativa volveu poñer de manifesto que a singularidade do festival non reside só na presenza de grandes intérpretes, senón na súa capacidade para crear un diálogo entre música, territorio, patrimonio e novas formas de escoita.
A oboísta e corno inglés Iria Folgado, solista da Konzerthausorchester Berlin, encabezou unha das propostas máis persoais desta 13ª edición, acompañada polas violinistas Raquel Areal e Sara Areal, a violista Marta Rodríguez Otero e o violonchelista Salvador Bolón, membro da London Symphony Orchestra. Xuntos conformaron un quinteto de intérpretes novos pero xa consolidados en escenarios e institucións de referencia.
O programa, titulado Ecos de Breogán, parte da figura mítica de Breogán e do imaxinario celta compartido para establecer unha ponte artística entre Galicia e as illas británicas. O repertorio, centrado na primeira metade do século XX, combinou a riqueza tímbrica do oboe e do corno inglés coa expresividade do cuarteto de corda, incluíndo obras de Benjamin Britten, Elizabeth Maconchy, Ralph Vaughan Williams, Arnold Bax e Fernando Buide del Real.
A proposta destacou pola súa esixencia técnica e pola capacidade de revelar unha música onde as resonancias folclóricas, o paisaxe sonoro británico e unha intensa dimensión lírica atopan un espazo común. O Pazo de Fontao, un dos escenarios singulares que definen a identidade do festival, contribuíu a transformar a experiencia musical, integrando arquitectura, contorno e repertorio nunha concepción que busca sempre unha relación específica entre intérpretes e territorio.
A próxima cita do Festival Bal y Gay terá lugar o luns 17 de agosto, ás 20:30 horas, no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo, coa pianista Yulianna Avdeeva, unha das figuras máis destacadas da súa xeración e artista de recoñecida traxectoria internacional.






















Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



