Lourenzá, 25 de setembro, 2026. O goberno municipal de Lourenzá aclara as razóns polas que votou en contra da moción presentada pola concelleira do BNG na que se formulaban distintas demandas para a súa inclusión nos próximos orzamentos municipais. Desde o executivo local explican que o voto contrario “non significa estar en contra das actuacións propostas, senón que responde a un criterio de responsabilidade na elaboración dos orzamentos municipais. Non podemos comprometernos a incluír nos orzamentos actuacións ou investimentos que non sabemos se imos poder cumprir. Un orzamento ten que recoller compromisos realistas, acordes cos recursos económicos dos que dispón o Concello e coas posibilidades reais de execución”. Neste sentido o goberno municipal asegura que coincide “en boa medida co obxectivo de varias das demandas formuladas polo BNG, pero considera que nalgúns casos existen vías de financiamento alternativas que permiten acometer esas actuacións sen comprometer innecesariamente os recursos municipais”.
Un dos exemplos é a proposta relativa á adquisición dun vehículo motobomba. A Alcaldía lembra que o Concello de Lourenzá “xa solicitou en varias ocasións á Consellería do Medio Rural a dotación deste vehículo e que a intención do goberno municipal é continuar insistindo por esta vía para conseguir que sexa financiado por outra administración. Consideramos que debemos seguir reclamando á Consellería do Medio Rural este equipamento porque é unha necesidade que coñecemos e que xa trasladamos en varias ocasións. Neste momento as arcas municipais non están en condicións de asumir por si soas o custo que supón a adquisición dun vehículo motobomba, polo que entendemos que o máis responsable é seguir buscando financiamento doutras administracións”. O Executivo considera, polo tanto, que “non sería responsable comprometer no orzamento municipal unha cantidade para esta adquisición cando existe a posibilidade de conseguila mediante unha liña de financiamento ou colaboración doutra administración”.
En relación coa eliminación de barreiras arquitectónicas, o goberno municipal salienta que se trata “dunha das actuacións polas que o Concello xa vén apostando nos últimos anos. A eliminación de barreiras e a mellora da accesibilidade foron incluídas dentro das actuacións vinculadas ás áreas de rehabilitación urbana, destinando partidas a este tipo de intervencións. Como exemplo, a Alcaldía sinala as actuacións realizadas para a adecuación de pasos de peóns e beirarrúas, entre outras intervencións destinadas a facilitar a mobilidade e mellorar a accesibilidade no municipio. Non compartimos a idea de que haxa que presentar agora esta cuestión como se fose algo alleo á acción deste Goberno. Levamos anos traballando na mellora da accesibilidade e seguiremos facéndoo na medida en que os recursos e os programas de financiamento dos que dispoñemos nolo permitan”.
Respecto da petición de incrementar as axudas e subvencións destinadas ás entidades culturais, o goberno municipal destaca que o Concello de Lourenzá “xa mantén unha colaboración constante coas asociacións e colectivos do municipio. Esta colaboración non se limita ás achegas económicas directas senón que inclúe tamén apoio material e a asunción de diferentes gastos vinculados ás actividades que organizan as entidades locais. O Concello colabora coas asociacións culturais durante todo o ano, tanto economicamente como poñendo medios municipais á súa disposición e asumindo custos derivados de moitas das actividades que organizan. É unha colaboración continuada e que queremos manter”.
A Alcaldía tamén explica que “o mesmo sucede no ámbito deportivo. O Concello colabora coas escolas deportivas municipais a través das achegas económicas anuais, pero tamén mediante a posta á disposición das entidades do técnico municipal de deportes, así como a través do financiamento de numerosas actividades deportivas que se desenvolven ao longo do ano. Non se pode valorar o apoio municipal ás entidades deportivas unicamente pola cantidade que figura nunha subvención. O Concello achega instalacións, persoal, medios materiais e financiamento para moitas das actividades que se desenvolven durante todo o ano. Todo iso tamén representa un esforzo económico importante para as arcas municipais”.
O goberno de Lourenzá considera que a elaboración dos orzamentos municipais debe facerse “desde a prudencia, a responsabilidade e a capacidade real de execución, evitando incluír compromisos que posteriormente non poidan materializarse. Compartimos moitas das necesidades que se sinalan na moción, pero unha cousa é estar de acordo cunha finalidade e outra distinta é comprometer unha partida orzamentaria sen ter asegurado que esa actuación se poida executar. Gobernar tamén é priorizar, buscar financiamento e comprometerse co que realmente se pode cumprir”.
O Executivo municipal reitera así a súa disposición a seguir traballando para mellorar os servizos públicos, a accesibilidade, a seguridade, a actividade cultural e deportiva e o apoio ás entidades locais, pero “sempre dentro das posibilidades económicas do Concello e procurando aproveitar todas as vías de financiamento doutras administracións públicas”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



