Javier Castiñeira lembra que o compromiso adquirido en 2018 polos gobernos do PP no Concello e de Rajoy quedara xa plasmado nun anteproxecto
A Mariña, 1 de outubro de 2026. O PP celebra o inicio da rotonda de Cangas, pero lembra ao Goberno de Sánchez que “leva oito anos de atraso“. De feito, “era un compromiso do ano 2018 por parte dos gobernos do PP no Concello e no Goberno de España que quedara plasmado nun anteproxecto”, segundo lembra o portavoz do PP de Foz, Javier Castiñeira, que lamenta que o Goberno de Sánchez tardara oito anos en materializar”.
“A mellora da accesibilidade aos núcleos de Cangas de Foz era unha reivindicación veciñal que escoitamos dende o goberno local do Partido Popular. Incluso representantes da asociación de veciños de Cangas mantiveran unha reunión co subdelegado do Goberno que se comprometera con estas actuacións. Pouco despois o anteproxecto estaba feito. Pero o Goberno de Sánchez mantivo paralizada esta rotonda dende o 2019 poñendo cada día unha desculpa”, explica o popular.
Para Castiñeira, “xa era hora de que deran comezo estas obras tan demandadas polos veciños e veciñas da parroquia de Cangas”.
RECLAMACIÓNS NO SENADO
Pola súa banda, o senador mariñán José Manuel Balseiro considera que “as reiteradas iniciativas e preguntas formuladas polo PP no Senado contribuíron a desbloquear unha actuación que levaba anos pendente”.
Balseiro valora que “finalmente comecen os traballos de mellora da seguridade viaria na N-642 en Cangas”, pero advirte da necesidade de que a execución da obra vaia acompañada dunha correcta planificación do tráfico.
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible prevé afeccións á circulación ata o 30 de novembro, con tráfico alternativo e itinerarios de desvío durante distintas fases dos traballos.
Neste sentido, Balseiro reclama que “o Goberno planifique con coherencia e sentidiño as restricións de tráfico e adopte todas as medidas necesarias para garantir a fluidez da circulación”.
“É un itinerario frecuente dos que se trasladan a traballar ao Hospital, a Alcoa ou ao Porto de Burela, entre outros destinos”, lembra o senador.
“Agora o importante é executar ben a obra. Unha actuación necesaria non pode volver converterse nun problema para os usuarios da N-642, con atascos interminables e molestias como as que xa sufriron durante a execución da primeira rotonda”, conclúe.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



