O grupo socialista trasladou ao pleno demandas sobre saneamento, seguridade, educación e necesidades das parroquias
O Vicedo, 1 de outubro de 2026. O Grupo Municipal Socialista do Vicedo conseguiu no pleno celebrado o 30 de setembro a aprobación por unanimidade da súa moción de condena das pintadas xenófobas aparecidas na Casa do Pobo e de rexeitamento de calquera expresión de odio e intolerancia.
Desde o PSdeG agradecen o apoio de todos os grupos a unha iniciativa que sitúa a convivencia e o respecto por riba das diferenzas políticas. A formación confía en que este respaldo se traduza tamén nunha resposta municipal ante este tipo de feitos.
Durante a sesión, o grupo socialista reclamou tamén avances no saneamento das parroquias, que se informe a toda a Corporación dos actos institucionais e que o Concello dea difusión ás actividades organizadas nas parroquias e polas asociacións. Tamén pediu medidas de seguridade no camiño de Garavide e unha mellor organización do aparcamento do Cacheiro, cun espazo específico para motocicletas.
As preguntas formuladas abordaron a situación do Centro de Día, os trámites do Fuciño do Porco, o destino dos solares doados pola SAREB, a resposta de ADIF sobre as pontes da infraestrutura ferroviaria, as actuacións pendentes no CEIP do Vicedo e a mellora da sinalización nas parroquias.
O grupo socialista sinala tamén que, ante as preguntas sobre as necesidades do colexio, interveu a voceira do Partido Popular, nunha sesión na que habitualmente é o alcalde quen responde. A formación considera que a veciñanza merece explicacións claras e que o goberno municipal debe manter en todos os plenos un ton respectuoso e construtivo.
“Imos seguir levando ao pleno as demandas que nos traslada a veciñanza e reclamando solucións para todo o municipio”, conclúe o PSdeG do Vicedo.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



