As e os socialistas sinalan que a iniciativa para reclamar unha distribución pública, transparente e xusta do canon da auga foi presentada en tempo e forma, pero non se incluíu na orde do día
O Vicedo, 28 de setembro de 2026. O Grupo Municipal Socialista do Vicedo defenderá no pleno deste mércores, 30 de setembro, unha moción de condena polas pintadas xenófobas aparecidas na súa sede e de rexeitamento de calquera expresión de odio e intolerancia. A voceira socialista, Verónica Canoura, presentará unha proposta que busca unha resposta institucional conxunta en defensa da convivencia, do respecto e dos valores democráticos.
A iniciativa parte dos feitos ocorridos o pasado 26 de agosto na Casa do Pobo do PSdeG, denunciados ante a Garda Civil despois de que a veciñanza alertase das pintadas. O grupo socialista subliña que estas mensaxes non representan ao pobo do Vicedo e lembra que foron as propias veciñas e veciños quen primeiro amosaron a súa indignación.
“Neste asunto non debería haber cores políticas”, sinalan, apelando a todos os grupos municipais a adoptar unha posición común fronte ao racismo e á xenofobia.
A moción propón condenar expresamente as pintadas, reafirmar o compromiso da Corporación coa liberdade ideolóxica e co respecto nas discrepancias políticas, e trasladar á veciñanza unha mensaxe conxunta de rexeitamento da discriminación, do odio e da intolerancia.
O PSdeG denuncia que a súa moción sobre o canon da auga queda fóra da orde do día.
Ademais, o Grupo Municipal Socialista advirte de que a súa moción sobre o canon da auga non foi incluída na orde do día, malia presentarse en tempo e forma e ao mesmo tempo que a iniciativa sobre as pintadas. A proposta reclama á Xunta un sistema público, regulado e transparente de distribución destes fondos.
Os socialistas defenden que a veciñanza poida coñecer canto se recada no Vicedo a través dos recibos da auga e en que se invisten eses recursos. Para iso, propoñen que:
– Polo menos o 50% do recadado en cada concello reverta en investimentos no propio municipio.
– Un 30% se destine á solidariedade territorial para apoiar concellos con maiores necesidades.
– Un máximo do 20% se reserve para custos de xestión, mantemento e funcionamento do sistema autonómico.
A iniciativa reclama tamén a publicación anual dos datos de recadación e investimentos por concellos, dos convenios asinados e dos criterios técnicos empregados no reparto, co obxectivo de garantir unha asignación transparente e baseada nas necesidades reais dos territorios.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



