O alcalde, Rubén García Freije, manifesta a súa preocupación polas discrepancias entre a información que está a recibir a veciñanza e a comunicada inicialmente por Recursos de Galicia
Trabada, 28 de setembro de 2026. O Concello de Trabada solicitou unha reunión con carácter urxente para coñecer con detalle as condicións e o procedemento de aplicación das bonificacións na factura eléctrica vinculadas ao programa Mondigo Beneficia, ante as dúbidas que está trasladando a veciñanza.
O alcalde, Rubén García Freije, remitiu unha mesma carta á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a Recursos de Galicia e á comercializadora Máis Enerxía Galega, solicitando aclaracións sobre o funcionamento destas bonificacións e os pasos que deben seguir as persoas beneficiarias. Esta última empresa sería supostamente, segundo a información trasladada ao Concello, a única comercializadora que manifestou a súa disposición a adherirse ao programa de descontos vinculado ao parque eólico.
A petición prodúcese despois de que varios veciños e veciñas trasladasen ao Concello as condicións que lles está comunicando individualmente a comercializadora. Segundo explican, algúns destes aspectos non coinciden co que Recursos de Galicia expuxera inicialmente sobre o funcionamento das bonificacións.
Esta situación está a xerar unha especial preocupación no alcalde, que considera necesario resolver canto antes as discrepancias detectadas para evitar confusións entre as familias que poden beneficiarse da medida.
“Preocúpanos que a veciñanza estea a recibir unhas condicións que non coinciden co que no seu día nos trasladou Recursos de Galicia. Estamos a falar dunha bonificación importante para as familias de Trabada e consideramos fundamental que se aclaren estas diferenzas canto antes, para que todas as persoas beneficiarias coñezan exactamente como vai funcionar o programa”, sinala García Freije.
Nos escritos remitidos, o Concello solicita coñecer o procedemento previsto para aplicar os descontos, os trámites necesarios para acceder a eles e a forma na que se reflectirán nas facturas eléctricas.
Tamén pide aclarar que comercializadoras están adheridas ao programa e se as persoas beneficiarias poden escoller entre diferentes opcións de contratación para acceder á bonificación.
Outro dos aspectos que se quere concretar é o papel das comercializadoras na atención ás persoas beneficiarias, así como as vías de coordinación coa administración local para garantir que as condicións do programa se comuniquen correctamente a toda a veciñanza afectada.
“O que solicitamos é transparencia e unha explicación detallada do procedemento. Non queremos que ningunha persoa deixe de beneficiarse destes descontos por descoñecer os pasos que debe seguir ou por recibir indicacións contraditorias. Por iso consideramos imprescindible manter unha reunión urxente e establecer unha comunicación directa co Concello”, explica o alcalde.
O Concello de Trabada queda agora á espera dunha resposta ás solicitudes remitidas e da concreción dunha data para manter a reunión coa maior brevidade posible.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



