Ribadeo, 28 de setembro, 2026. Trátase de catro membros da mesma familia e os falecidos serían o pai e a nai.
Varios particulares informaron ao 112 Galicia dun accidente rexistrado no quilómetro 513 da A-8, á altura de Vilaframil, en Ribadeo, en sentido Vilalba. Segundo os alertadores, un turismo saírase da vía e bateu contra a columna dun viaduto.
De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Barreiros. Ademais, alertouse do accidente á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Ribadeo e informouse ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se fose necesaria a súa intervención.
Unha vez no punto, os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento de dúas persoas e informaron de que outras dúas resultaron feridas. Unha delas, menor de idade, atopábase inconsciente e os profesionais sanitarios estaban a realizar manobras de reanimación. Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



