O espazo, situado nas antigas instalacións da biblioteca, contará cun sistema de acceso automatizado, conexión wifi e material bibliográfico. As inscricións poderán realizarse a partir do 30 de setembro nas oficinas municipais
Trabada, 29 de setembro de 2026. O Concello de Trabada pon en marcha un novo centro de estudos situado nas antigas instalacións da biblioteca, na Casa da Cultura, co obxectivo de ofrecer á veciñanza un espazo público e gratuíto no que estudar, consultar material bibliográfico e realizar diferentes tarefas académicas.
O novo centro estará aberto de luns a domingo, en horario de 8:00 a 21:00 horas, e contará cun sistema de acceso automatizado que permitirá ás persoas inscritas utilizar as instalacións durante todo o horario establecido.
Ademais, as persoas usuarias terán á súa disposición o material da antiga biblioteca e conexión á rede wifi, facilitando así o acceso a recursos para o estudo e a formación.
As inscricións poderán realizarse a partir de mañá, mércores 30 de setembro, de maneira presencial nas oficinas do Concello de Trabada. Tanto a inscrición como o uso das instalacións serán totalmente gratuítos.
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, destaca a importancia de poñer á disposición da veciñanza novos servizos públicos que respondan ás súas necesidades. “Con este novo centro queremos ofrecer un espazo cómodo e accesible para estudar e formarse, aproveitando as instalacións municipais existentes e facilitando o seu uso durante todos os días da semana”.
O rexedor pon tamén en valor o amplo horario de apertura e o sistema de acceso automatizado, que permitirán ás persoas usuarias organizar o seu tempo de estudo con maior flexibilidade.
A apertura deste centro enmárcase no traballo que desenvolve o Concello de Trabada para ampliar e mellorar os servizos públicos de proximidade, aproveitando os recursos municipais e poñéndoos á disposición de toda a veciñanza.

























A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 


