Foz, 26 de setembro de 2026. O Concello de Foz anuncia a adxudicación e sinatura do contrato para o retranqueo do paseo de Arealonga en Fazouro entre a Dirección Xeral da Costa e o Mar e a empresa Vipeca Obras y Servicios, SL por un importe de 274.089,20 euros. O investimento conta cunha anualidade para este 2026 de 124.625 euros, consignándose para o 2027 os 139.464 euros restantes.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica e agradece a inversión: “estamos a falar dunha senda de formigón de 2,5 metros de anchura e 431 metros de lonxitude, da mesma tipoloxía que o paseo construído entre as praias de Peizás e a Pampillosa, o que facilita o seu mantemento. Con esta infraestrutura, que se asenta sobre viais existentes, vamos a dispoñer dunha senda segura para camiñar despois da ruína do antigo paseo no lado de Fazouro tras os temporais de marzo do ano 2024. A nova senda conectará o Castro de Fazouro co paseo cara a Nois utilizando dúas pontes existentes sobre a vía do tren”.
O Concello de Foz traballa na obtención dos terreos necesarios para que a Dirección Xeral da Costa e o Mar execute tamén o retranqueo do paseo en Cangas de Foz, que está cortado ao paso polos desprendementos. “No pleno ordinario do mes de xullo aprobamos o proxecto e acordamos realizar os trámites para iniciar o expediente de expropiación polo pleno, que agardamos poder levar a aprobación nas vindeiras semanas. Os veciños de Cangas levan demasiado tempo camiñando polo arcén da nacional, co risco que iso supón”, remata o alcalde.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



