Ribadeo, 1 de outubro de 2026. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo pon a disposición dos seus asociados de hostalería novos materiais gratuítos. Trátase de 15.000 envases de comida para levar, destinados a facilitar o día a día dos establecementos e contribuír á redución dos desperdicios alimentarios.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “poñemos un ano máis novos materiais gratuítos a disposición dos nosos socios e socias. Nesta ocasión trátase de 15.000 envases de comida para levar. Desde Acisa quixemos repetir este esforzo especial para poder axudarlle á hostalería, pensando en aforrarlle custos no seu día a día durante practicamente todo o ano. Por este motivo poñemos á súa disposición estes novos envases de xeito gratuíto, xa que son materiais moi empregados e demandados durante todo o ano”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, subliñou que “estamos a falar de 15.000 envases de comida para levar, cunha capacidade de 1.900 cc, fabricados en aluminio e aptos para o seu uso no microondas. Nesta ocasión con tapa personalizada sobre as Xornadas do Mexillón. Son 3.000 unidades máis que as repartidas o pasado ano. Aqueles establecementos hostaleiros que precisen estes materiais poden pasar a recollelos durante todo o ano pola oficina de Acisa. Estes envases non só contribúen a aforrar custes aos negocios asociados, senón que tamén forman parte da liña de traballo de Acisa en materia de sostibilidade. Neste caso, axudan a evitar o desperdicio alimentario na hostalería, facilitando que os clientes poidan levar para a casa os alimentos que non consuman, ao tempo que fomentamos e facilitamos o servizo de comida para levar”.
O xerente de Acisa indicou que “o investimento realizado está preto dos 5.000 euros, que podemos afrontar grazas ao financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Área de Medio Rural e Mar. Facemos un esforzo moi importante desde Acisa para dotar os nosos asociados deste material de xeito totalmente gratuíto, porque cremos e temos acreditada a súa gran utilidade e por iso priorizamos este tipo de accións dentro da nosa programación. Entendemos, ademais, que estamos diante dunha vantaxe máis para que novos negocios que decidan instalarse en Ribadeo valoren o feito de asociarse a Acisa”.
Cruzado Iglesias declarou: “queremos darlle ás grazas á Área de Medio Rural e Mar polo seu apoio para poder facer entrega destes materiais entre os hostaleiros asociados e para desenvolver as xornadas do mexillón, que terán lugar do 2 ao 4 de outubro. Será a terceira vez que se desenvolva unha cita destas características, grazas á axuda da Vicepresidencia da Deputación. As primeiras foron as da lura, as segundas as da ameixa e agora chegan estas do mexillón. A achega deste ano ascende a 10.000 euros, cos que puidemos adquirir tanto os envases, que presentamos hoxe, como o mexillón destas xornadas”.
Na presentación dos envases participaron o deputado da Área de Medio Rural e Mar, Dani García, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente da asociación, Jesús Pérez, e o concelleiro ribadense Martín Graña.
Xornadas gastronómicas do mexillón
A presidenta de Acisa subliñou que “todo está listo para as xornadas gastronómicas do mexillón nas que participan 25 establecementos asociados. Vanse repartir arredor de 1.100 quilos de mexillón fresco, acabado de recoller das bateas das rías galegas e traído e comercializado por un provedor local, o noso socio Mariscos Ribadeo. Isto supón arredor de 45 quilos deste bivalvo por establecemento participante”.
Os 25 establecementos participantes son: Ramonita, El Huerto, Parador, La Solana, Marinero, Galipizza, Porto de Rinlo, O Lar de Manolo, Barallocas, A Mirandilla, Javier Montero, Kummel, A Quinta, Queimada, A Horta de San Roque, Náutico, O Indiano, San Miguel, El Rincón del Gordo, La Flor de Jose, Balastrera, O Lar de Carmiña, O Furancho, Mar de Rinlo e Ribanzo.
Pérez Prada contou que “poderemos degustar máis de 50 propostas gastronómicas diferentes: mexillóns ao vapor, con vinagreta, con salsa tigre, á mariñeira, á brasa con manteiga, ao allo e limón, picantes, con fabas de Lourenzá, ao estilo thai, con salsa americana ou en escabeche, entre outras moitas propostas. Poderán atoparse tanto en formato tapa, de cortesía ou de pago, como en racións. Todas as elaboracións poden consultarse polo miúdo nas redes sociais e na web de Acisa”.
Gala Anual o 18 de outubro
Hoxe, 1 de outubro, ábrese a venda das entradas para asistir a Gala Anual de Acisa Ribadeo, que se celebrará o vindeiro 18 de outubro, a partir das 19:30 horas, no Parador de Turismo de Ribadeo.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense explicou que “estamos a preparar un evento moi especial, cun menú de nivel e cunha celebración á altura dunha ocasión tan importante para Acisa. O evento estará, ademais, apadriñado polo xornalista e escritor Pepe Ribagorda, un coñecido rostro televisivo deste país”.
Pérez Prada lembrou que “nesta Gala celebraremos os 37 anos de vida da nosa entidade, entregaremos os galardóns de 2026 a varias empresarias e empresarios locais asociados e conmemoraremos a recente obtención do Premio Nacional de Comercio Interior, polo que queremos que sexa unha noite moi especial para todo o tecido empresarial ribadense”.
Presidenta e xerente animan a asistir a esta cita: “queremos animar especialmente aos familiares e amigos das persoas premiadas a que nos acompañen neste evento, a todas as socias e socios de Acisa e a calquera empresa ou entidade que non queira perder esta celebración. É unha oportunidade para intercambiar opinións e experiencias”.
O prezo da entrada é de 50 euros e as persoas interesadas poden adquirilas dirixíndose ás oficinas de Acisa Ribadeo, situadas na rúa San Roque, 57 baixo.























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



