Ribadeo, 8 de outubro de 2026. Acisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas novos materiais gratuítos para hostalería. Trátase de 15.000 bolsas de comida para levar.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “o investimento realizado nestas 15.000 bolsas de comida para levar é superior aos 6.000 euros, que podemos realizar con fondos propios e coa colaboración do Concello de Ribadeo con cargo ao convenio anual entre ambas institucións. Desde Acisa facemos un esforzo moi importante para dotar aos nosos asociados e asociadas deste material de xeito totalmente gratuíto, porque creemos e temos acreditada a súa gran utilidade e por iso priorizamos estas accións na nosa programación. Entendemos que estamos diante dunha grande vantaxe para que os novos negocios que deciden instalarse en Ribadeo valoren o feito de asociarse a Acisa”.
Cruzado Iglesias indicou que “estes materiais que, desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, entregamos aos negocios socios son un complemento aos seus propios. O que queremos facer con estas inversións é que as nosas asociadas e asociadas reduzan os seus gastos na medida destas posibilidades, e traballar na promoción dunha imaxe conxunta de Ribadeo”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, explicou que “desde Acisa quixemos repetir este esforzo especial para poder axudarlle á hostalería pensando en dispoñer deste material durante todo o ano. Por este motivo poñemos á súa disposición estas bolsas, xa que son moi empregadas e demandadas por todo o sector. Ademais este ano estreamos un novo deseño e slogan que esperamos que lles guste tanto á veciñanza coma aos visitantes. Así Acisa segue a traballar en dotar aos negocios de materias, que buscan afondar na sostibilidade, con materias biodegradables e reciclables e en evitar os desperdicios alimenticios na hostalería”.
Pérez Prada engadiu que “estes materiais súmanse os 15.000 envases, tamén de comida para levar, presentados hai uns días, aos vasos do Ribadeo indiano do verán, aos vasos térmicos, aos mapas de Ribadeo, aos manteis individuais, etc…”.
Na presentación das bolsas de comida para levar participaron o alcalde ribadense, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente, Jesús Pérez.
Gala
Seguen á venda nas instalacións de Acisa Ribadeo as entradas para asistir á XII Gala Anual da asociación que terá lugar o vindeiro 18 de outubro no Parador de Turismo. O xerente indicou: “animamos aos negocios asociados e ás empresas que non o son a asistir a esta importante cita na que aproveitaremos para intercambiar experiencias e opinións tanto no cóctel como na velada posterior. Animamos tamén a familiares, amigos e empregados dos premiados a acompañalos neste especial momento”. E insistiu en que “as prazas son limitadas, de aí que desde Acisa recomendemos non deixar a adquisición das entradas para o último día”.
Carmen Cruzado lembrou que “se trata dunha cita moi importante para Acisa na que entregaremos os Galardóns deste 2026 e conmemoraremos o Premio Nacional de Comercio Interior que recibimos o pasado mes de abril en Toledo. Este está a ser un ano moi especial para a nosa asociación e queremos compartilo co empresariado ribadense. Nesta Gala contaremos coa presenza do xornalista e escritor Pepe Ribagorda, que exercerá de padriño do evento”.






















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



