Cervo, 3 de setembro do 2026. O Concello de Cervo vén de abrir ao público o renovado parque infantil Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, situado na contorna da rotonda próxima á Casa do Concello, tras concluír os traballos de remodelación integral deste espazo de lecer infantil.
A apertura tivo lugar esta tarde de xoves con música e diversas actividades pensadas para as crianzas como pintacaras ou globoflexia.
A actuación, que supuxo un investimento de 261.385,74 euros, financiado integramente con fondos propios municipais, permitiu transformar por completo unhas instalacións moi utilizadas polas familias, creando un parque máis moderno, seguro, accesible e adaptado ás necesidades actuais da infancia.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “hoxe poñemos á disposición das familias un parque completamente renovado, pensado para que os nenos e nenas poidan xogar con todas as garantías de seguridade e desfrutar dun espazo atractivo, inclusivo e adaptado ás diferentes idades”.
A rexedora lembrou que esta actuación responde ao compromiso do Goberno local por continuar mellorando os espazos públicos destinados á infancia.
“Queremos que Cervo siga sendo un concello pensado para as familias. Este parque era un referente para moitos nenos e nenas e necesitaba unha renovación integral. O resultado é un espazo máis amplo, máis moderno e con novas propostas de xogo que estamos convencidos de que terá unha excelente acollida”.
Entre as principais novidades destaca a incorporación dunha tirolina, un dos elementos máis agardados polos máis pequenos.
“Era unha das peticións que máis veces nos facían os propios nenos e nenas cando falabamos con eles neste parque. Escoitalos tamén é gobernar, e hoxe podemos ver esa ilusión convertida en realidade”, apuntou García Caramés.
A remodelación incluíu a substitución de todos os xogos existentes por novos elementos homologados, a instalación dun pavimento continuo de caucho de seguridade, a renovación completa do peche perimetral e a ampliación da zona destinada aos usuarios de maior idade.
O novo parque conta cunha gran estrutura de aventura, unha área específica para as primeiras idades, novos columpios, xogos de muelle, elementos inclusivos que favorecen o xogo compartido e a nova tirolina, converténdose nun espazo pensado para que todos os nenos e nenas poidan desfrutar en igualdade de condicións.
A alcaldesa subliñou tamén o importante esforzo económico realizado polo Concello para facer realidade este proxecto.
“Estamos a falar dun investimento superior aos 261.000 euros financiado exclusivamente con recursos municipais. É unha mostra da nosa vontade de seguir reinvestindo os fondos do Concello en actuacións que melloran a calidade de vida da veciñanza e crean espazos públicos atractivos, seguros e pensados para o futuro”.
Con esta intervención, o Concello de Cervo incorpora á súa rede de espazos públicos un parque infantil totalmente renovado que se converterá nun novo punto de encontro para as familias e nun referente do lecer infantil no municipio.





















Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



