Cervo, 9 de setembro, 2026. O Concello de Cervo abriu o prazo de inscrición para unha nova edición do programa de ocio e tempo libre Brincos de Lecer coa Ra Ramira, que se desenvolverá ao longo do curso na Casa da Cultura de San Cibrao e que se consolida tras a excelente acollida das edicións anteriores.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, presentou a programación acompañada por Alba Fernández e Carmela Rodríguez, responsables de impartir as actividades de Brincos de Lecer e do obradoiro Playing in English, que se realiza en colaboración coa English School de San Cibrao.
O programa mantén a súa aposta por ofrecer ás familias un espazo de ocio educativo durante as tardes do curso escolar, con propostas adaptadas ás diferentes idades que combinan aprendizaxe, creatividade, diversión e socialización, contribuíndo tamén á conciliación familiar e laboral.
Como principal novidade desta edición incorpórase Brinquiños, unha actividade dirixida a nenos e nenas de 2 a 3 anos, que se desenvolverá os martes e xoves de 16:30 a 17:30 horas, ampliando así a oferta para as primeiras idades.
Tamén continúa Playing in English, unha das propostas mellor valoradas na pasada edición, que regresa para seguir traballando o inglés a través do xogo e actividades dinámicas. O obradoiro, en colaboración coa English School, está dirixido ao alumnado de Infantil, Primaria e 1º e 2º de ESO, con grupos adaptados a cada nivel:
Luns, 18:30–19:30 h: Infantil
Martes, 17:30–18:30 h: 1º e 2º de Primaria
Martes, 18:30–19:30 h: 3º e 4º de Primaria
Xoves, 18:30–19:30 h: 5º e 6º de Primaria
Xoves, 19:30–20:30 h: 1º e 2º de ESO
A programación complétase con outras actividades que continúan este curso: Brincos, para nenos e nenas de 3 a 5 anos; Croacbooking, un obradoiro de manualidades para alumnado de 6 a 12 anos; Aprender a Aprender, centrado en estratexias de memoria, atención e estudo; e Findes Anfibios, con obradoiros temáticos en fins de semana alternos.
A alcaldesa destacou a satisfacción de dar continuidade a un programa “que tivo unha moi boa acollida por parte das familias” e subliñou a importancia de manter esta aposta polo ocio educativo durante todo o curso escolar. Engadiu que o Concello quere seguir ofrecendo recursos que faciliten a conciliación e espazos seguros nos que as crianzas poidan divertirse, aprender e relacionarse.
Tamén puxo en valor a incorporación de Brinquiños, “que permite ampliar a proposta aos nenos e nenas máis pequenos”, e a continuidade de Playing in English, “unha actividade que funcionou moi ben e que facilita que as crianzas practiquen inglés dun xeito lúdico e participativo”.
As familias interesadas poden formalizar xa a inscrición na Casa da Cultura de San Cibrao.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



