Natalia Botana anunciou nunha reunión co sector profesional de Viveiro a inclusión desta obra nos próximos orzamentos do ente público para a súa execución en 2027
Viveiro, 16 de setembro de 2026. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, demolerá as naves en desuso situadas no peirao norte do porto de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro. Así o anunciou esta mañá a presidenta do ente público, Natalia Botana, nunha visita ao porto de Celeiro na que se reuniu coa confraría de pescadores que viña reclamando este derrube.
Durante o seu encontro co patrón maior de Celeiro, Domingo Seijas, Botana confirmou que os orzamentos de Portos de Galicia para 2027, que o ente público está a ultimar nestes días, recollerá a execución desta actuación durante o vindeiro exercicio. En concreto, procederase a demoler as naves da antiga fábrica de xeo, cámaras e concesións de tratamento de peixe, que se atopan abandonadas, tal como demandaba a confraría.
Durante a reunión, a presidenta de Portos de Galicia e o patrón maior de Celeiro abordaron tamén outras propostas dos profesionais que operan nesta dársena. Entre elas, destacaron a actuación de saneamento do peirao norte -incluíndo a canalización de servizos e urbanización da fronte dos departamentos- que se licitará nos vindeiros meses, ou a revisión de instalacións menores como escaleiras e varandas.
Grupo Puerto de Celeiro
Despois do encontro coa confraría de pescadores, Natalia Botana visitou tamén as instalacións do grupo Puerto de Celeiro, que reúne a empresas e armadores que traballan pola competitividade da flota. Durante a súa reunión coa directiva avanzaron en propostas de compatibilidade de usos do solo portuario para diferentes actividades.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



