Nota de prensa
ALFONSO FUENTE CONSIDERA QUE NON CAMBIA NADA EN BARREIROS TRAS A SENTENCIA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA, QUE AVALA A PARALIZACIÓN DO URBANISMO NO ANO 2007. O ALCALDE ASEGURA QUE NON LLE SORPRENDE O FALLO E ANUNCIA QUE EN BREVE SE RESOLVERÁ A SITUACIÓN POLA QUE ESTÁ ATRAVESAR O CONCELLO.
Barreiros, 15 de febreiro de 2011. O alcalde, Alfonso Fuente, considera que non cambia nada en Barreiros tras a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza, que avala a paralización do urbanismo no ano 2007.
O rexedor sinalou esta mañá que “a sentencia que se acaba de coñecer hoxe a través dos medios de comunicación non cambia ningún punto nin ningunha coma do proceso que se está a seguir desde o Concello e desde a Xunta para resolver estas cuestións enquistadas aquí a nivel urbanístico. A sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven ratificar a dictada no seu día pola Audiencia Provincial de Lugo, nós xa esperábamos esto. Naquel momento o Concello tiña que defender os intereses de todos os veciños, que era defender as normas que tiñamos e así presentamos un recurso contra a suspensión de ditas normas. Perdéuse na Audiencia Provincial e agora o TSXG o que fai é ratificar esa sentencia, pero esto non cambia para nada o proceso que se está a seguir e que vai ver a luz de inmediato”.
Fuente Parga subliñou que “o pasado 10 de febreiro rematou o prazo de exposición ao público do plan sectorial do solo urbano de Barreiros e o Concello xa ten encargados os proxectos de urbanización para seguir co proceso en base a ese convenio asinado coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Lugo”.
O alcalde considera que “é unha sentencia que tiña que saír, non cambia nada e tampouco nos sorprende o seu fallo. O que ven decir esta sentencia é que o decreto en sí está ben tomado e nós o que decíamos antes e o seguimos a manter agora é que a decisión de suspender as normas subsidiarias foi unha decisión política. A lei permítille á Xunta e á Consellería de Política Territorial naquel momento e á Consellería de Medio Ambiente e Infraestructura agora suspenderlle as normas a calquera concello e publicar un decreto de suspensión. Agora ben, a decisión de facelo pode ser por cuestións técnicas ou políticas e nós vimos mantendo que foi por cuestións políticas. O TSXG o único que ven decir é que o decreto dictado se adapta á lexislación, porque a lexislación así o permite”.
Alfonso Fuente manifestou que “naquel momento, cando se tomou a decisión de suspeder as normas de Barreiros, eu sempre mantiven que había dúas vías a seguir, unha era á da imposición, a suspensión e o ataque político hacia un concello e a outra vía era a do diálogo, a negociación, a de sentarse a falar as cousas e ir resolvendo cuestións. Se optou por parte da Xunta pola vía da imposición política e logo houbo un cambio de goberno na Xunta e a administración autonómica elexiu a vía da negociación, de resolver problemas e non crealos e de sacar adiante unha actividade económica que creaba postos de traballo, que movía a Mariña e a costa galega e se está a traballar nesa liña”.
O rexedor barreirense engadiu que “a Xunta de Galicia xa está a aprobar un Plan de Ordenación do Litoral, que o bipartito non fixera, acaba de aprobar unhas Directrices de Ordenación do Territorio, que o bipartito non deixou feitas. O único que fixeron foi suspender normas coma en Barreiros, pero non deron solucións senón que crearon problemas. A sentencia ven decir que a lei permite facer as cousas que se fixeron, nós cremos que desacertadamente, pero non podemos discutir unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”.
Sobre a posibilidade de presentar un recurso contra esta sentencia, Fuente Parga dixo que “o están a mirar os abogados, pero non ten sentido. Foi unha loita porque naquel momento tiñamos que defender os intereses de todos os veciños do concello, tivemos que ir contra a supensión das normas, houbo moitos veciños que quedaron coas súas operacións a medio facer e por iso interpuxemos ese recurso. Despois houbo un cambio de goberno na Xunta, que leva outra vía que é a da negociación, a de implementar e mellorar os servizos que xa existían no municipio e que o Concello tiña que ir pouco pouco e firmando convenio cos promotores para mellorar servizos, porque a Xunta do bipartito miraba cara outro lado e non facía caso ás demandas do Concello. Agora hai unha Xunta que sí atende ás nosas demandas e está a traballar en beneficio de todos os barreirenses e para que poidamos recuperar esa actividade económica que nunca debeu ter cesado”.


























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



