Site icon Crónica3.com A Mariña

Patrimonio cultural en perigo

O Castro da Atalia de San Cibrao está en perigo de desaparecer por mor da construción de vivendas sen control por parte de Patrimonio. A cousa empezou cando o Concello de Cervo da Mariña lucense outorgoulle tres licenzas a un construtor, para levantar 100 vivendas sobre o castro da Atalaia. Ambos sabían que nese terreo hai un importante xacemento arqueolóxico.
O Concello non tramitou a orde de de paralización da obra emitida por Patrimonio até catro días despois, permitíndolle, deste xeito, ao construtor destruír parte do xacemento.
Pola súa banda, Patrimonio, que actuou correctamente ao principio, incomprensiblemente permitiu que esta desfeita continuase noutras parcelas que non se viran afectadas, Para máis información poden ver as seguintes ligazóns con material elaborado polos veciños.
http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia/
http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-atalaia-1//
http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-2/
http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-3/

Exit mobile version