Site icon Crónica3.com A Mariña

Pesca tivo amarrado 511 días o Punta Roncadoira con base en Celeiro

Nunha demostración explícita de infrautilización de recursos, dilapidación de medios, incapacidade de xestión e despreocupación pola utilización do que é público, a consellería de Pesca do Goberno Galego mantivo amarrado a porto durante 511 días o gardacostas Punta Roncadoira, con base en Celeiro.
O dato xurde a raíz de unha pregunta formulada polo parlamentario popular José Manuel Balseiro, interesándose por una asistencia a un naufraxio que non prestou o gardacostas. Semella que ningún dos grupos políticos que forman o Parlamento galego, PSOE, BNG e PP, se decatou ata de agora da situación do Punta Roncadoira e si o fixeron aviaron durante o último ano e os últimos cinco meses, ata marzo, sen facer nada para evitar que se tiraran os cartos públicos.
O secretario xeral da Consellería de Pesca, Miguel Ángel López Sieiro, recoñeceu que dende o 5 de outubro de 2.006 ata o 13 de marzo de 2.008 o Punta Roncadoira saíu o mar 14 días. Xustificou o amarre polas baixas médicas que non facilitaron que o gardacostas estivese operativo, xa que os tripulantes son funcionarios e as baixas, salvo por maternidade, non se cobren. O gardacostas debe dispoñer da dotación requirida para saír a navegar.
A carencia do servizo que presta esta embarcación – vixilancia e inspección – pasa a segundo termo ante a escandalosa e nula xestión dos responsables da consellería de Pesca que permiten que un barco do seu departamento permaneza amarrado a porto asumindo custes sen prestar servizos.
Algo parece ter a Consellería de Pesca de Celeiro na que nos últimos a anos déronse unha serie de circunstancias con tendencia opaca. Houbo unha continua e interesada “tradición” para que os delgados da Consellería procedan de Foz; o penúltimo responsable deixou repentinamente a delegación tras un “case cese” e co actual delegado a consellería fixo entrega de un vehículo de embargo o portavoz de un partido en vez de darllo o alcalde de un pobo, neste caso Ribadeo.
Tempo atrás un funcionario de Pesca en Celeiro asumiu temporalmente a dirección da Casa da Terceira idade de Burla e recentemente un funcionario de Medio Rural pasou accidentalmente a unha xefatura de sección de Pesca en comisión de servizos.

Exit mobile version