REFERENCIA El BOE publica cambios en la Ley del Servicio de Guardacostas gallego Madrid, 14 dic (EFE).- El Boletín Oficial del Estado (BOE) ha publicado hoy una modificación de la Ley 2/2004... Ler máis
SANTIAGO .-No que vai de ano realizáronse 17 operativos conxuntos nos que a Unidade de Policía Adscrita (UPA) completou o labor de Gardacostas en materia de furtivismo. Neste tempo incautár... Ler máis
NOTA DE PRENSA José Manuel Balseiro asegura que isto é unha mostra máis da “inequívoca situación caótica” do servizo de vixilancia e salvamento marítimo “debido á ineficaci... Ler máis
NOTA DE PRENSA: Pesca ampara centos de expedientes de infracción tramitados de xeito irregular polos falsos axentes O PPdeG SOLICITA COPIA DE TODAS AS ACTAS INCOADAS POLOS FALSOS GARDACOSTAS... Ler máis
NOTA DE PRENSA Os dous falsos gardacostas disfrutan de sobresoldo por un exceso horario ao que non están sometidos, teñen coche oficial, teléfono móbil sen restriccions e desenvolven toda cl... Ler máis
Nunha demostración explícita de infrautilización de recursos, dilapidación de medios, incapacidade de xestión e despreocupación pola utilización do que é público, a consellería de Pesca do G... Ler máis

















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



