NOTA DE PRENSA
José Manuel Balseiro asegura que isto é unha mostra máis da “inequívoca situación caótica” do servizo de vixilancia e salvamento marítimo “debido á ineficacia dos seus responsables políticos”
O PPdeG DENUNCIA QUE O REMOLCADOR DO SERVIZO DE GARDACOSTAS SEBASTIÁN DE OCAMPO TEN LIMITADA A SÚA OPERATIVIDADE DENDE HAI SEIS MESES DEBIDO A UNHA AVARÍA NUN MOTOR
* “Esta é unha mostra mais da “longa sucesión de anomalías” que se veñen producindo no Servizo de Gardacostas de Galicia pola incapacidade dos responsables políticos da Xunta” indicou Balseiro
Santiago, 29 de xaneiro de 2009.- O voceiro para asuntos de Pesca do Partido Popular de Galicia, José Manuel Balseiro, denunciou hoxe o “pasotismo e a indiferenza” dos responsables do bipartito en materia de vixilancia e salvamento marítimo. Segundo as informacións manexadas polos populares, o remolcador Sebastián de Ocampo (un dos dous buques insignia do Servizo de Gardacostas de Galicia xunto có buque Irmáns García Nodal) leva dende o mes de xuño cun dos seus dous motores propulsores avariado, o que mingua considerablemente a súa operatividade.
Estes problemas de motor fan que o Sebastián de Ocampo teña limitada a súa potencia nun 66%. Segundo as características técnicas, este buque pode alcanzar unha velocidade de 14,6 nós (26 Km/h) e actualmente non supera os 5 nós (uns 9 Km/h). Isto impídelle desenvolver as súas tarefas de remolque e salvamento no caso de que algún buque precisase da súa axuda. “Dubido incluso que nestas condicións o barco poda estar realmente operativo, pois si ten que prestar servizo con mal tempo podería correr perigo o propio buque e os seus tripulantes pola súa manifesta limitación de potencia” apuntou Balseiro.
Ao seu xuízo, esta é unha mostra máis “da longa sucesión de anomalías” que se veñen producindo no Servizo de Gardacostas de Galicia “e que en ningún caso se poden achacar ás tripulacións, senón á incapacidade dos responsables políticos da Xunta”, puntualizou Balseiro. Na súa opinión, a “indiferenza” dos responsables en materia de seguridade e salvamento de Galicia “non ten xustificación algunha” e esixiu unha cascada de dimisións en cadea “con carácter inmediato”.
POUSADOIRO PARA AS GAIVOTAS
O representante popular lembrou que “este caos” no servizo de Gardacostas comezou a fraguarse no momento en que Carme Gallego accedeu á fronte da Consellería de Pesca. “Só hai que recordar que a raíz da supresión das categorías de patrón e mecánico a gran maioría das embarcacións dos Gardacostas levan amarradas nas súas bases dende outubro do 2006, o que provocou que mudaran a súa función básica para converterse hoxe en día en pousadoiro para as gaivotas” ironizou Balseiro.
Esta circunstancia, “xunto coa manifesta incapacidade de dar resposta aos problemas” dos responsables en materia de Pesca do Goberno de Galicia, ten provocado en opinión de Balseiro que os buques Irmáns García Nodal e Sebastián de Ocampo
-deseñados para patrullar en condicións meteorolóxicas adversas nos caladoiros onde faena a flota galega có obxecto de dar rápida resposta en caso de sinistro- se atopen sen embargo case sempre amarrados no interior das rías de Ferrol, Coruña, ou Arousa facendo labores de control do marisqueo mediante as súas embarcacións auxiliares. “E as súas tripulacións, en lugar de descansadas, están esgotadas de facer labores constantes de vixilancia, o cal podería minguar as súas capacidades no caso de ter que acudir a un sinistro” asegurou Balseiro.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.