Tras reunirse con Mulleres Salgadas, Paloma Castro denunciou que, despois de catro anos “incumprindo os acordos do Parlamento”, o Goberno de Rueda propón un modelo que “baleira de contido” o compromiso de crear un órgano técnico con recursos suficientes
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2026. A deputada socialista Paloma Castro reclamoulle hoxe ao Goberno de Rueda que incorpore á normativa que regulará o Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar de Galicia as numerosas alegacións que as entidades do sector veñen de presentar ao proxecto de decreto que está agora en tramitación. Tras reunirse recentemente con representantes de Mulleres Salgadas, Castro criticou o atraso que acumulan compromisos referidos á igualdade en ambos sectores. “Desde o PSdeG levamos insistindo moito tempo, porque a Xunta leva catro anos incumprindo os acordos unánimes do Parlamento de Galicia”, afirmou respecto de iniciativas que no seu día acadaron o acordo de todos os grupos políticos, pero que seguen sen poñerse en marcha.
A portavoz socialista de igualdade referiuse ao compromiso logrado no Debate do Estado da Autonomía de 2021, para “elaborar o Estatuto da Muller Rural Galega e un plan estratéxico, dos que ningún existe”, e ao acordo de 2022 para crear o Observatorio das Mulleres do Mar, “co que pasou exactamente o mesmo”.
Castro denunciou que hai catro anos se acordou impulsar “un órgano técnico independente, con recursos para analizar a desigualdade que sofren as mulleres do sector pesqueiro, pero, en lugar diso, a Xunta presentou agora un modelo que baleira de contido ese compromiso”. Por iso, reclamou, por unha banda, que se cumpra o que marcou a Cámara autonómica, e por outra, que se teñan en conta as alegacións que entidades coma Mulleres Salgadas veñen de presentar ao proxecto de decreto que regulará o Observatorio.
“Pedimos un órgano independente, con persoal investigador, con dotación orzamentaria e capacidade para elaborar estudos rigorosos que sirvan para facer políticas públicas baseadas en datos, e non en propaganda, que é o que adoita facer sempre o PP”, explicou a deputada. “As mulleres do mar e do rural levan demasiado tempo escoitando promesas que nunca se cumpren, e xa é hora de que a Xunta deixe de facer anuncios, de que empece a respectar os acordos parlamentarios e de que, sobre todo, escoite ás mulleres que coñecen de primeira man a realidade do sector”, reclamou.
Paloma Castro adiantou que o Grupo Socialista presentará no Parlamento unha iniciativa a través da que, precisamente, se insta á Xunta a incluír na redacción definitiva do decreto que regulará o Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar de Galicia as alegacións que presentou Mulleres Salgadas, co fin de garantir que o Observatorio “responda ao mandato aprobado por unanimidade do Parlamento o 9 de marzo de 2022”.
Nesa iniciativa lémbrase que a Cámara autonómica aprobou por unanimidade durante o Debate sobre o Estado da Autonomía de 2021 instar á Xunta á elaboración do Estatuto da Muller Rural Galega e un Plan Estratéxico para a Muller Rural de Galicia. Ademais, en marzo de 2022 unha proposición non de lei para a creación do Observatorio de Igualdade do Sector Pesqueiro Galego obtivo o apoio de todo o hemiciclo, e durante a tramitación da Lei 7/2023 para a igualdade efectiva de mulleres e homes incorporouse, novamente, o compromiso de poñer en marcha o Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar de Galicia, “unificando nun só órgano dúas realidades diferenciadas, cuestión que xa foi obxecto de crítica por parte das principais organizacións representativas” de ambos sectores.
O texto do Grupo Socialista tamén insiste en que o novo órgano debe dispoñer de autonomía técnica e independencia funcional, con persoal experto e investigador en igualdade de xénero e ciencias sociais, co fin de que poida desenvolver estudos, elaborar diagnósticos e formular propostas “baseadas en evidencias científicas”.
Por outra banda, a iniciativa insta ao Goberno galego a “cumprir sen máis demora” o compromiso adquirido polo Parlamento en 2021 e a que impulse a aprobación do Estatuto da Muller Rural Galega e do Plan Estratéxico para a Muller Rural de Galicia “en colaboración coas organizacións representativas das mulleres do rural”.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



