Os deputados populares esixen “igualdade de trato” na cesión das brigadas do parque móbil, xa que “segundo que concello, se lles permite o uso en vías municipais fronte a outros que só se lle permite en vías provinciais e baixo a tutela dos cargos socialistas da zona”
Lugo, 5 de agosto de 2026. O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, incide en que “o goberno de Carmela López continúa instalado no sectarismo e na falta de transparencia”. Así se manifesta o popular tras coñecer o reparto dos medios do parque móbil da Deputación de Lugo aos distintos Concellos da provincia neste ano 2026.
Ameiijide explica que “a propia presidenta se comprometera no Pleno do mes de maio a entregar a programación dos traballos do parque móbil ata fin de ano”. Pero, despois de ter solicitado formalmente a información a finais do mes de maio, “o que recibimos dous meses despois é unha listaxe de concellos no que se levaron a cabo tarefas durante este 2026 -sen ningún tipo de información detallada-, pero non a programación completa ata finais de ano”.
“Parece unha burla, pero deixa claro que a pesar de que Carmela López presume de ter cambiado a dirección da Deputación, a realidade é que non cambiou nada: continúa faltando transparencia”, subliña. De feito, “non detallan actuacións nin planificación temporal” das mesmas, “como tiñamos solicitado”. Nese sentido, reiteraremos a nosa petición para que “poñer luz ás actuacións e aos períodos de traballo en cada municipio”.
Iso si, coa listaxe achegada, “evidénciase o reparto sectario dos medios do parque móbil provincial ao dirixir, maioritariamente, estes recursos da Deputación de Lugo a Concellos afíns”. Do total de 15 concellos nos que comunican que actuaron as brigadas -tanto de rego como de limpeza- 10 eran gobernados polo PSOE e 1 polo BNG polo que constitúen o 73% do número total de municipios.
“Isto é unha clara discriminación cara aos Concellos gobernados polo Partido Popular, ou o que é o mesmo, para máis da metade dos veciños e veciñas da provincia”, subliña.
Os deputados populares esixen “igualdade de trato” na cesión das brigadas do parque móbil, xa que “segundo o concello se lles permite o uso en vías municipais fronte a outros que só se lle permite en vías provinciais e baixo a tutela dos cargos socialistas da zona”, engade Ameijide.
O Grupo Provincial Popular ten reclamado ese reparto igualitario no Pleno da Deputación ata en dúas ocasións no último mandato -en xullo do 2023 e en xaneiro do 2025-, pero “o goberno provincial de PSOE e BNG négase. Socialistas e nacionalistas votaron en contra”, aclara.
REPARTO SECTARIO DO DIÑEIRO DE TODOS
“Xa advertíamos da mesma liña sectaria de Carmela López ao fronte do goberno da Deputación” toda vez que “copia ao pé da letra o mecanismo de convenios a dedo” para os Concellos gobernados por PSOE e BNG. “E o reparto dos medios do parque móbil é outro exemplo máis”, subliña o portavoz popular.
Así, condena que “o reparto dos recursos da Deputación de Lugo se xestione en función das afinidades políticas de PSOE e BNG e non das necesidades reais dos Concellos e dos veciños e veciñas da provincia”.
Antonio Ameijide censura “o uso partidista do diñeiro de todos” e insiste en defender “unha institución provincial transparente e que trate a todos os lucenses por igual, con independencia de cal sexa a cor política do alcalde ou alcaldesa que goberna o seu Concello”.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



