A alcaldesa, Ana María López, recibiu ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na visita institucional ás instalacións, que reabren completamente renovadas tras un investimento superior aos 237.000 euros
Cariño, 6 de agosto, 2026. O Concello de Cariño vén de culminar a rehabilitación integral do pavillón polideportivo municipal, unha das actuacións prioritarias impulsadas polo Goberno local desde o inicio do actual mandato para recuperar unha infraestrutura esencial para a práctica deportiva, a actividade educativa e a celebración de eventos sociais e comunitarios.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, acompañou hoxe ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, durante a visita institucional ás instalacións, na que puideron comprobar o resultado das obras executadas grazas ao convenio de colaboración entre o Concello de Cariño e a Xunta de Galicia. Na visita tamén estiveron presentes os concelleiros de Deportes e Cultura, Andrés Balado, e de Urbanismo, Alberto Balado.
A actuación supuxo un investimento de máis de 237.000 euros, dos que a Xunta financiou preto de 190.000 euros, o 80 % do importe total, mentres que o Concello asumiu o 20 % restante.
A alcaldesa destacou que “hoxe é un día moi importante para Cariño porque recuperamos un espazo que é de todos os veciños e veciñas. Este pavillón volve abrir as súas portas completamente renovado, despois dunha intervención integral que era imprescindible e que durante moitos anos non se levou a cabo”.
A rexedora lembrou que, ao inicio do mandato, o actual equipo de goberno atopouse cunhas instalacións nun avanzado estado de deterioración que obrigou a manter o pavillón pechado para garantir a seguridade das persoas usuarias. “Este Goberno apostou por facer as cousas ben, buscando financiamento, colaborando coa Xunta de Galicia e executando unha rehabilitación integral que garante a vida útil desta infraestrutura durante moitos anos”, sinalou.
Unha intervención integral
As obras permitiron resolver os problemas estruturais que presentaba o edificio, actuando principalmente sobre a cuberta para eliminar as filtracións que deterioraran a antiga pista deportiva. A intervención incluíu tamén a renovación do pavimento deportivo, a substitución das portas deterioradas, a adecuación das saídas de evacuación á normativa vixente e a retirada dos elementos de fibrocemento existentes, mellorando de forma significativa a seguridade, a accesibilidade e a funcionalidade das instalacións.
Con esta actuación, o pavillón municipal volve estar plenamente operativo para acoller a actividade dos clubs deportivos, das entidades locais e do alumnado do CEIP, ademais das numerosas actividades sociais e culturais que se desenvolven ao longo do ano. Trátase dunha infraestrutura clave para o municipio, na que se practican disciplinas como balonmán, baloncesto, fútbol sala, hóckey sobre patíns, voleibol, escalada ou tenis.
Durante a visita, o conselleiro Diego Calvo puxo en valor a colaboración entre administracións para seguir mellorando as instalacións deportivas municipais e destacou a importancia de ofrecer espazos seguros e adecuados para facilitar a práctica deportiva entre a cidadanía.
Ana María López subliñou que esta actuación “é o resultado dunha xestión eficaz e responsable, capaz de converter unha situación herdada de abandono nunha oportunidade para dotar a Cariño dunhas instalacións modernas, seguras e de calidade”.
A alcaldesa incidiu en que o actual Goberno municipal cumpre así un dos compromisos adquiridos coa veciñanza ao inicio da lexislatura, facendo realidade unha actuación que durante anos foi unha demanda histórica do municipio. A rexedora agradeceu finalmente a colaboración da Xunta de Galicia para facer posible este investimento, así como a comprensión mostrada polos clubs deportivos, a comunidade educativa e todas as persoas usuarias durante o tempo que duraron as obras.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



