Mariña Gueimunde reclama seguridade para un concello como Viveiro, onde “case todo o espazo urbano forma parte do litoral”
Viveiro, 4 de agosto de 2026. O PPdeG non vai “consentir que o Goberno de España” modifique o Regulamento Xeral de Costas introducindo “novos criterios para os límites do deslinde que prexudicarían á nosa costa e aos seus veciños e veciñas”. “Non imos consentir que dende un despacho en Madrid se tomen decisións que prexudican o noso territorio”, insistiu a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, dende Viveiro, un dos múltiples concellos galegos afectados por este cambio normativo que o Executivo central pretende introducir a través dun Real Decreto de medidas de xestión dos riscos de inundación.
Xunto coa responsable da área de Medio Ambiente e Cambio Climático do Goberno galego, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa da localidade lucense, Mariña Gueimunde, denunciou que “unha vez máis” o Goberno de Pedro Sánchez “toma unha decisión que prexudica a Galicia”; co agravante de que, neste caso, “temos xa a competencia” sobre o litoral, como respaldou o Tribunal Constitucional. “A pesar diso, o Goberno de España pretende dicirnos como xestionar a nosa costa e como gobernar Galicia”, censurou. Como comunidade con máis quilómetros de litoral de España, “temos dereito a seguir decidindo que facer na nosa costa”, subliñou.
Paula Prado criticou o feito de que o BNG, que “sempre pide máis autogoberno” e “máis competencias”, semella que “non ten nada que dicir” ante o “prexuízo” desta modificación legal para os habitantes e a “actividade económica” na costa. “Ana Pontón está absolutamente calada en relación con esta nova aldraxe a Galicia”, engadiu. Do mesmo xeito, “os alcaldes e alcaldesas do BNG e do PSOE” dos concellos afectados “tampouco defenden aos seus veciños”, dixo, polo que se preguntou “que ten que pasar para que o BNG alce a voz contra Pedro Sánchez e lle diga que basta xa de facer dano a Galicia e ao noso territorio”.
A número dous dos populares galegos avanzou que tanto dende o Goberno autonómico como “dende o PPdeG, dende todos os concellos que gobernamos, seguiremos loitando para defender esa competencia que temos” sobre o litoral, “que é lexítima e legal”. “Dende un despacho en Madrid non se pode intentar gobernar Galicia e gobernar a costa galega”, concluíu.
UNHA “TEIMA IDEOLÓXICA” DO MINISTERIO
Ángeles Vázquez quixo “denunciar publicamente o maltrato que están recibindo os cidadáns por unha teima”, a do Goberno central coa xestión da costa, “que é simplemente ideolóxica e non responde nin ao que poida acontecer coa súa seguridade nin ao coidado medioambiental”, senón que “é algo que vai moito máis alá e que non teñen que pagar os veciños”.
A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático do Goberno galego puxo como exemplo destas prácticas o Edificio Neptuno de Viveiro, ante o cal se reuniron durante a visita con algúns dos seus veciños. Este edificio, segundo explicou, solicitara a prórroga da concesión de ocupación en dominio público marítimo-terrestre, pero “durante 8 anos estivo metida nun caixón”, de tal xeito que Costas do Estado e o Ministerio de Transición Ecolóxica “non lle deron resposta”. A Xunta, unha vez transferido o expediente por parte do Estado, resolveuno en 10 meses, como parte das 1.800 autorizacións concedidas polo Goberno galego desde que Galicia asumiu a xestión do seu litoral hai un ano.
Vázquez detallou que, “de forma extemporánea”, fóra de prazo, Costas emitiu un informe desfavorable sobre a prórroga da concesión, que se ben non é vinculante, advertiu de que si o sería coa reforma do Regulamento de Costas. De saír adiante este cambio legal, e tal e como figura no devandito informe, a explotación para arrendar as vivendas ou locais do edificio tería que someterse a concurso público. Isto supón “tratar igual un chiringuito que un edificio de vivendas que un hotel ou que calquera outra actividade que se leve a cabo na costa”, explicou.
A pretensión do Goberno central, lembrou Vázquez, é que non se concedan prórrogas nas concesións; e que aquelas xa concedidas se revisen de oficio e se retiren. E, adicionalmente, que calquera espazo onde chegue a onda dun temporal pase de ser privado a formar parte do dominio público, como figura nun artigo do Real decreto sobre inundacións. “Isto é: expropiar sen pagar e prohibir sen investir”, resumiu. Fronte a esta pretensión, a Xunta traballa para presentar as alegacións pertinentes.
UN CAMBIO “INVIABLE” E “AGOCHADO”
Mariña Gueimunde cualificou de “inviable” a modificación do Regulamento de Costas que pretende introducir o Goberno central, ao que demandou que “deixen” de “agochar detrás de decretos decisións” que “nos prexudican a todos”. A rexedora reclamou “seguridade” para un concello como Viveiro, onde “case todo o espazo urbano forma parte” do litoral, fronte a medidas que “comprometen non só os espazos municipais, senón tamén ás persoas”.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.



