Cervo, 4 de agosto, 2026. O deporte será o encargado de abrir a programación da Festa da Maruxaina coa celebración do IX Torneo Maruxaina, que enfrontará ao Club Deportivo San Ciprián e á U.D. Folgueiro, unha cita que foi presentada este martes, pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo presidente do club anfibrión, Eduardo Rubal, e o director deportivo, Félix Martins, nas insatalacións da Veiga.
O encontro, organizado polo CD San Ciprián, coa colaboración do Concello, disputarase este xoves, 6 de agosto, ás 20:00 horas, no Campo Municipal da Veiga, en San Cibrao, nunha cita xa consolidada dentro da programación festiva do municipio e que reúne cada verán a numerosos afeccionados ao fútbol.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, subliñou a importancia desta iniciativa deportiva, sinalando que “o deporte será o encargado de abrir os actos da Maruxaina cun torneo xa consolidado que contribúe a impulsar o deporte local e a reunir á afección nun dos eventos máis importantes do verán no noso concello”.
García Caramés destacou tamén o papel que desempeña o Club Deportivo na dinamización do municipio, agradecendo o seu compromiso e implicación na organización de actividades que enriquecen a programación das festas, neste caso.
Desde o Concello de Cervo animan á veciñanza e aos visitantes a achegarse ao Campo Municipal da Veiga para desfrutar dunha gran tarde de fútbol e apoiar aos equipos participantes nun encontro que dará o pistoletazo de saída á programación da Maruxaina.























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.

