O Grupo Municipal Socialista formulou máis de 50 preguntas e numerosos rogos e destaca o investimento de máis de 1,3 millóns de euros da Deputación nas estradas provinciais
Xove, 4 de agosto de 2026. O PSdeG de Xove fixo balance do curso político denunciando a falta de avances nos principais problemas do municipio e o esgotamento do Goberno local do Partido Popular que, tras dúas décadas á fronte do Concello, “segue sen ofrecer solucións nin un proxecto de futuro para Xove”.
O Grupo Municipal Socialista centrou o seu labor no abastecemento de auga, a ampliación do saneamento, o acceso á vivenda, o desenvolvemento industrial e urbanístico, o Portiño de Morás e a creación dun centro de día para maiores. “Rematamos outro curso político cos mesmos problemas sobre a mesa. Demetrio Salgueiro acumula anuncios, fotos e promesas, pero non resolve os asuntos que condicionan o presente e o futuro do municipio”, denuncia o PSdeG.
O abastecemento de auga: vinte anos de abandono do PP
A formación considera especialmente grave a situación do abastecemento de auga. O recente bando municipal no que se pide reducir o consumo e se establecen restricións confirma “o fracaso absoluto da xestión do PP nun servizo básico”.
Os socialistas lembran que reclamaron un estudo técnico que confirmou importantes deficiencias nas captacións, nas conducións e nos sistemas de tratamento e filtrado, e cifrou en preto de 1,5 millóns de euros o investimento necesario. “Cando chove, a auga chega con barro ás vivendas, e cando se produce unha pequena seca comezan as restricións e o transporte en cisternas para encher os depósitos. É inadmisible nun concello cos recursos económicos de Xove”, critican.
O PSdeG lamenta que, tres anos despois do informe, o alcalde non presentase obras, prazos nin financiamento. “Salgueiro deixou deteriorar o servizo durante vinte anos e agora pretende presentar a privatización como solución á súa propia falta de xestión”, advirte.
A formación reclamou tamén a ampliación do saneamento ás parroquias de Lago, Morás, Portocelo e Xuances. “O PP resignouse aos pozos negros e non ten unha planificación para estender un servizo esencial”, sinala.
Polígono Industrial, Portiño de Morás e vivenda: promesas incumpridas do PP
O Grupo Socialista reclama unha actuación integral no polígono industrial, inaugurado en 1999 e con carencias no abastecemento, no saneamento e nos accesos. Considera insuficientes os 58.000 euros previstos pola Xunta e lembra que Salgueiro aceptou a eliminación do acceso directo á VAC.
Sobre o Portiño de Morás, denuncia que os pantaláns levan prometéndose dende 2007. “Cada visita dun responsable da Xunta trae unha nova fotografía e unha nova cifra, pero as obras nunca comezan. Fronte aos anuncios millonarios, os orzamentos autonómicos de 2026 só recollen 48.000 euros”, apunta.
O PSdeG advirte tamén da falta de vivenda para comprar ou alugar e lembra que as últimas vivendas públicas foron entregadas hai máis de vinte anos. “Sen vivenda é imposible fixar poboación e ofrecer oportunidades á xente nova, pero o PP continúa negando unha realidade evidente”, afirma.
A formación reclama ademais avances no desenvolvemento urbanístico e na creación dun centro de día, despois de que non se materializase o proxecto anunciado no edificio de Cogami en Palmeiro.
Máis de 1,3 millóns da Deputación para a mellora de estradas
Fronte á inacción do PP do Concello e da Xunta, o PSdeG pon en valor o investimento de máis de 1,3 millóns de euros que a Deputación de Lugo executa este ano nas estradas provinciais de Xove. As melloras continuarán en 2027 e 2028 para completar a renovación das vías.
Durante o último curso político, o Grupo Municipal Socialista formulou máis de 50 preguntas e numerosos rogos. “A resposta habitual do PP é que os asuntos se están mirando. Despois de vinte anos no Goberno, Xove non necesita que Salgueiro siga mirando: necesita que actúe”, subliña.
“O balance é o dun Goberno esgotado, sen proxecto e centrado en anunciar obras de mantemento cando se achegan as eleccións. Despois de catro mandatos e de xestionar arredor de 200 millóns de euros, Xove continúa con graves carencias en auga, saneamento, vivenda, urbanismo e desenvolvemento industrial. Foi outro curso político perdido para o municipio. Xove merece máis”, conclúe o PSdeG.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



