No mencer deste día volve agromar en min a emoción da Patria ao escoitar, un ano máis, “Alba de Gloria”. O último discurso pronunciado por Castelao diante de centos de galegos, exiliados e emigrados, no teatro arxentino de Bos Aires co gallo da gran festa de Galicia, un día como hoxe de 1948.
Estou a falar dun texto extraordinario e, para min, conmovedor; porque representa a gran metáfora da nosa historia na que se constrúe a nosa cultura e a nosa identidade e se conforma tamén a nosa alma de galegos . Por iso foi capaz de transcender no tempo e volver emocionarnos agora como daquela emocionou a toda a comunidade galega de Bos Aires.
Pero, ademais, estamos diante dun discurso transversal capaz de unir sensibilidades distintas, e xa que logo, convocarnos a todas e a todos na ilusionante tarefa de facer país. Unha misión inesgotable para a que, como nos deixóu dito o gran rianxeiro: “nunca debemos poñerlle tacha”.
E nesta metáfora da historia de Galicia que é “Alba de Gloria”, Castelao convoca nunha procesión de ánimas as figuras falecidas máis sobranceiras da nosa historia, dende Prisciliano ata o mesmo Valle-Inclán. Persoeiros, todos eles, que ao longo da historia fóronlle dando forma singular á nosa cultura, e xa que logo, ao noso ser colectivo. E no fondo desta maxestuosa escea aparece o pobo anónimo como creador do noso tesouro máis preciado que é a nosa lingua e portador tamén das tradicions. Marcando desta forma o sentido da nosa vida colectiva como galegos.
E como é costume da Santa Compaña, Castelao vai ser a única persoa viva que encabeza a devandita procesión, portando sobre os seus ombreiros a pesada cruz do exilio, para mostrarnos, no día da Patria, a vontade inquebrantable de continuar o camiño marcado pola nosa historia senlleira, da que emerxe o tesouro da nosa cultura que nos dá esa identidade singular de ser, e que hoxe, 25 de xullo, celebramos con orgullo.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



