A Mariña, 10 de setembro, 2026. AGAFI, Asociación Galega de Fibromialxia, amplía a súa presenza na provincia de Lugo co nomeamento de Olivia Canoura Rozas, escritora, artista plástica e paciente de fibromialxia, como delegada en A Mariña Lucense.
Olivia Canoura Rozas destaca que “Asumir está delegación supone un reto ilusionante, pero sobre todo una necesidad urgente para que ninguna persona afectada por la enfermedad en A Mariña se sienta solo e incomprendido frente al dolor crónico. Queremos ser un puente útil entre afectados, sus familiares y el sistema sociosanitario”.
AGAFI é unha entidade sen ánimo de lucro cunha traxectoria consolidada desde o ano 2000 na defensa, información e acompañamento integral das persoas afectadas por fibromialxia, dor crónico e fatiga crónica en Galicia. A asociación conta con convenios de colaboración con despachos legais especializados en incapacidades laborais e dereitos de discapacidade, ofrecendo asesoramento xurídico aos seus socios.
📅 Presentación e charla en Barreiros
17 de setembro · 20:00 h
Praza do Concello – Edificio das Antigas Escolas
Rúa Vila, 63 · San Cosme de Barreiros (Lugo)
Celebrarase a charla “Qué es la fibromialgia y su tratamiento”, impartida por Lucía Moreda, terapeuta ocupacional con formación en Afrontamiento Activo del Dolor, insomnio e hábitos saudables.
A sesión abordará a fibromialxia desde unha perspectiva actual, integradora e biopsicosocial, favorecendo a comprensión social e ofrecendo ferramentas útiles para persoas afectadas, familiares e persoas próximas.
A fibromialxia é unha enfermidade crónica do sistema nervioso central que provoca dor xeneralizada, fatiga e alteracións cognitivas. A desinformación e os estigmas sociais seguen presentes, polo que contar cun grupo de apoio emocional, acompañamento e asesoramento resulta fundamental.
AGAFI invita a persoas afectadas, familiares, profesionais da saúde, corporacións municipais e calquera persoa interesada en coñecer esta realidade. Ao finalizar a charla haberá un turno de preguntas e un espazo de encontro para resolver dúbidas e informar sobre o proceso de inscrición na asociación.
📞 Contacto
Teléfono / WhatsApp: 650 26 17 38
Correo electrónico: asociacióngalegadefibromialxia@gmail.com
Facebook: Agafi Fibromialxia





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



