Viveiro, 4 de agosto, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro considera que o anuncio da Xunta de Galicia sobre o investimento no Teatro Pastor Díaz volve evidenciar o trato discriminatorio que, segundo denuncian, o Goberno galego mantivo durante anos co Concello de Viveiro mentres o Partido Socialista estaba á fronte da alcaldía.
A portavoz socialista e exalcaldesa, María Loureiro, afirma que “esta é unha boa noticia para Viveiro e, por suposto, alegrámonos de que por fin chegue este investimento. O Teatro Pastor Díaz é un dos grandes referentes culturais da nosa cidade e sempre defendemos que merecía o apoio doutras administracións. O que non podemos esquecer é que durante os nosos gobernos todas as peticións de subvencións e investimentos para este edificio foron rexeitadas pola Xunta”.
Para Loureiro, “o anuncio do Teatro Pastor Díaz non é un feito illado. É un exemplo máis dunha forma de actuar que os veciños e veciñas de Viveiro sufriron durante anos. Todo aquilo que o Concello solicitaba á Xunta atopaba un ‘non’ por resposta”.
A portavoz lembra que esta situación se repetiu en numerosos proxectos estratéxicos para o municipio: “Pasou co Teatro Pastor Díaz, pasou co Plan Xeral —bloqueado durante anos e agora axilizado—; pasou co peirao, onde se nos negaban actuacións que hoxe si se anuncian; pasou co saneamento de Magazos e Landrove, co arranxo do Muelle de Viveiro; e tamén coa rotonda da Misericordia, para a que deixamos preparado o proxecto e sempre se nos dicía que non había investimento”.
Loureiro insiste en que “non nos estaban vetando a min nin ao Grupo Municipal Socialista. Estaban vetando ao Concello de Viveiro e, sobre todo, aos seus veciños e veciñas. Iso é o realmente grave. O tempo acabou demostrando que o problema nunca foron os proxectos, porque moitos deles son precisamente os que agora se están executando ou anunciando”.
Tamén lembra que durante boa parte dese período a actual alcaldesa ocupou responsabilidades na Xunta como delegada territorial: “É evidente que Viveiro non recibiu o trato que merecía. Hoxe anúncianse actuacións que durante anos se nos negaron de maneira sistemática”.
Desde o Grupo Municipal Socialista subliñan que, a pesar de todo, sempre apoiarán calquera investimento beneficioso para Viveiro: “Queremos que a Viveiro lle vaia ben, esteamos gobernando ou na oposición. Nunca confundiremos os intereses do noso concello cos intereses partidistas”.
Loureiro contrapón esta forma de actuar coa da presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López Moreno, baseada na colaboración institucional: “Como vén dicindo a presidenta, colaboramos cos 67 concellos da provincia sen importar a súa cor política; o único criterio é mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños e apoiar proxectos que xeran oportunidades para todo o territorio”.
A portavoz destaca que “hoxe mesmo temos a mellor proba: a Deputación e o Concello de Viveiro asinan o convenio para rehabilitar a antiga Pescadería cunha achega extraordinaria de 248.000 euros. Ese investimento chega porque é bo para Viveiro, non porque goberne un partido ou outro. Esa é a diferenza entre unha maneira de facer política e outra”.
María Loureiro conclúe afirmando que “poden apartarnos do goberno, pero nunca van conseguir que deixemos de defender os intereses de Viveiro. Sempre nos alegraremos de cada investimento que chegue ao noso concello. E tamén denunciaremos cando quede demostrado que durante anos a Xunta tratou a Viveiro de forma distinta simplemente porque gobernaba o Partido Socialista. Iso non foi un castigo para min nin para o PSOE; foi un castigo para todos os veciños e veciñas de Viveiro”.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



