Burela, 4 de agosto, 2026. Enzo Gabriel Báez (Buenos Aires, 29/12/2002) é a fichaxe número 13 do proxecto de Juanma Marrube para a tempada 26-27. O xogador arxentino chega procedente do Córdoba Patrimonio de la Humanidad, aínda que na segunda volta do pasado curso competiu en Segunda División co conxunto xienense.
Báez conta con experiencia internacional coa Selección Arxentina Sub-20, coa que foi campión da Liga Evolución en dúas ocasións e subcampión do Sudamericano. Na campaña 23/24 xogou no Lorenzo Futsal, mentres que na 24/25 formou parte das categorías inferiores do Córdoba Patrimonio de la Humanidad.
O novo ala chega con moita ilusión e co obxectivo de axudar ao equipo a cumprir as metas marcadas:
“Son un ala máis ofensivo, de un contra un, pero tamén moi sacrificado en defensa. Chego con moitas ganas e ambición ao club, é un club histórico no fútbol sala e vou dalo todo para cumprir os obxectivos que nos propoñan. Creo que cos rapaces que xa estaban e os novos que chegamos, imos armar un lindo grupo e seguro vai ser unha boa e ilusionante tempada”.























Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.

