O Vicedo, 4 de agosto, 2026. Esta semana o Concello de O Vicedo organiza dúas actividades socioculturais abertas ao público.
O mércores 5 de agosto ás 10:00 h terá lugar unha ruta en kayak polo Río Sor. Trátase dun percorrido duns 2 horas que descenderá o río desde Ribeiras do Sor ata o porto do Vicedo. Durante a actividade, de carácter turístico, as persoas participantes poderán gozar das vistas sobre Ribeiras do Sor, Creximil, Illa de San Martiño, as pontes sobre o Sor, o Porto do Barqueiro e o Porto do Vicedo. A ruta está dirixida a todos os públicos. Para inscribirse é necesario chamar ao 982 59 01 95 ou escribir ao correo omix@concellodovicedo.org.
O sábado 8 de agosto ás 10:00 h celebrarase unha ruta guiada gratuíta polo Río Sor. É unha actividade de sendeirismo a ritmo turístico que percorre a ruta homologada Morgallón – Río Sor – Morgallón (PR-G 8). O itinerario, de aproximadamente 9 km, inclúe numerosos puntos de interese como Morgallón, a Ponte de Batán, Montedinsua, a minicentral eléctrica, a presa, a antiga telesilla, o muíño e o refuxio de Ponte Ulló. A actividade é gratuíta, pero require inscrición previa no correo rutasgalicianorte@gmail.com.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



