Viveiro, 20 de outubro de 2026. O vindeiro 31 de outubro, a Praciña da Herba de Viveiro será o escenario dunha nova celebración do Magosto, unha xornada dedicada a poñer en valor a cultura e tradición galegas a través da artesanía, a música tradicional e o reparto de castañas asadas.
A iniciativa, organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira,ofrecerá unha programación dirixida á participación das veciñas e veciños e a gozar dunha das celebracións máis representativas do outono en Galicia.
Obradoiros para fomentar a creatividade e a participación
A programación incluirá dous obradoiros con prazas limitadas. O primeiro será o obradoiro de cerámica, que se desenvolverá de 17:00 a 21:00 horas e permitirá ás persoas participantes experimentar coa arxila co asesoramento de Alfonso Otero Regal, de Regal Cerámica no propio obradoiro que está situado na curva de Xunqueira (Viveiro).
Pola súa banda, o obradoiro de zonchos, dirixido ao público infantil, terá lugar no baixo da Biblioteca Municipal de 19:30 a 20:30 horas e estará centrado na elaboración de colares tradicionais de zonchos.
Para participar nestas actividades será necesaria a inscrición previa a través dos formularios correspondentes que se poden consultar nas redes sociais do Colectivo Pensamento e Sementeira.
Música tradicional e castañas asadas
A partir das 21:00 horas será a quenda para a música tradicional en directo coa participación das Pandeireteiras da Sementeira e de Fol do Raxal.
Ademais, durante a xornada realizarase o reparto de castañas asadas ata fin de existencias, mantendo así un dos elementos máis característicos do Magosto.
Con esta iniciativa, o Colectivo Pensamento e Sementeira aposta pola promoción da cultura galega e pola creación de espazos de encontro arredor das tradicións populares, combinando actividades artesanais, de música e convivencia.
A organización anima a veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse á Praciña da Herba o 31 de outubro e participar desta celebración en Viveiro.





















Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



