Site icon Crónica3.com A Mariña

I Encontro Tecendo Redes co Empresariado en Burela

Burela acollerá o vindeiro sábado 21 de xuño do I Encontro Tecendo redes co empresariado da provincia de Lugo, que organiza a Rede Galega de Empresas. A xornada que se desenvolverá no Auditorio Municipal dará comenzó ás once e media da mañá coa inauguración a cargo do Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e do presidente da Rede Galega de Empresas, Benigno Pereira. A continuación o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Calvo, abordará a política enerxética de Galicia no marco europeo. E o director xeral de I+D+I, Salustiano Mato, plantexará as liñas de traballo do seu departamento.

A teniente de alcalde de Burela, Neves Cando, di que este evento “pretende servir coma punto de encontro para os empresarios/as de toda Galiza de cara a fortalecer o tecido empresarial a través da información, a formación e a colaboración das empresas que desenvolven a súa actividade nesta comunidade autónoma”. A edil nacionalista engade que “nesta xornada daránse a coñecer cales son as liñas de traballo que se están a poñer en marcha desde a Consellería de Innovación e Industria para reforzar a coexión económica a través de políticas que posibiliten a mellora da economía da provincia de Lugo en coherencia  coa realidade económica, territorial e demográfica desta terra”.

Exit mobile version