LUGO .- A Deputación pon en marcha o pioneiro programa anti-crise Lugo Compite + cunha sesión conxunta para analizar o escenario das PEMES lucenses. Deste xeito, as 25 empresas participantes... Ler máis
MONDOÑEDO .- O GDR convocou unha xuntanza para o vindeiro martes, 9 de Febreiro, ás 7 da tarde, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, na que empresas e grupo tratarán de elaborar un plano de di... Ler máis
COMPOSTELA . Segundo ADEGA, a consellería do Mar vai modificar o Plano Galego de Acuicultura aprobado polo bipartito en 2008, para mudar o réxime de acceso á propiedade dos terreos. Se no pl... Ler máis
BURELA (FNC) .- Celebrouse no Centro de Formación Ocupacional de Burela unha conferencia-seminario sobre importancia das TIC na dinamización de negocios. Foi organizado e impartido por Acade... Ler máis
LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, participarán mañá mércores nos Almorzos de Negocios organizados pola Asociación de Emp... Ler máis
LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participará na xornada informativa que se celebrará no Pazo de San Marcos o 16 de novembro, de 11:00 a 13:00 horas, na que se e... Ler máis
CERVO .- Mañá xoves 2 de xullo ás 21 horas, na Casa da Cultura de San Ciprián, empresarios e traballadores autónomos de Cervo teñen a oportunidade de actualizar os seus coñecementos sobre as... Ler máis
FOZ.- O BNG emitiu hoxe unha nota de prensa na que o Consello da Xunta de Galicia do 27 de maio de 2004 recollía no Plan sectorial de Áreas Empresariais as actuación do Parque Empresarias Xo... Ler máis
VIVEIRO.- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Vicepresidenta 2ª, Lara Méndez, e do Alcalde de Viveiro e Deputado Provincial, Melchor Roel, reuniuse nun almor... Ler máis
BURELA.- Segundo manifesta o portavoz do PP, recollendo declaración da vicepresidenta da Deputación, o parque empresarial de Burela quedaría adiado ata a entrada en vigor do PXOM e pregúntas... Ler máis
Burela acollerá o vindeiro sábado 21 de xuño do I Encontro Tecendo redes co empresariado da provincia de Lugo, que organiza a Rede Galega de Empresas. A xornada que se desenvolverá no Audito... Ler máis

















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



