LUGO .- A Deputación pon en marcha o pioneiro programa anti-crise Lugo Compite + cunha sesión conxunta para analizar o escenario das PEMES lucenses. Deste xeito, as 25 empresas participantes mantiveron unha reunión na que puxeron en común os problemas económicos que están atravesar.
Trátase da primeira sesión de asistencia conxunta que manterán ó longo das vindeiras seis semanas. En total, recibirán 25 horas de consultorías conxuntas, o 10% da duración total de Lugo Compite+. O obxetivo destes encontros é estudar a realidade actual das PEMES de Lugo mediante o intercambio de experencias sobre os mesmos problemas.
As consultorías individuais, o 90% do programa anti-crise do organismo provincial
-225 horas- , comezarán este martes con entrevistas personalizadas na que os expertos económicos analizarán os eixos prioritarios e os factores críticos de cada entidade. Logo desta primeira fase de diagnose e detección de problemas xerais, abordarase a situación por áreas tales como a contabilidade ou os asuntos fiscais, para finalmente, marcar un plan de actuación personalizado.
Lugo Compite+ é un programa totalmente práctico. Deste xeito, os participantes terán un calendario para seguir as recomendacións dos consultores encamiñadas, nun primeira fase, a destacar frente ós competidores e, nun segunda, a consolidar as melloras realizadas e potencir un crecemento sostible.
A Deputación, dentro da aposta polo tecido empresarial, sufraga o 100% deste programa supoñendo un custe cero para as PEMES, e aforrando cartos os empresarios da provincia xa que a contratación desta consultoría suporía un investimento por empresa de entre 4.500-6.000 euros, segundo os prezos reais no mercado de hoxe.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



