BURELA (FNC) .- Celebrouse no Centro de Formación Ocupacional de Burela unha conferencia-seminario sobre importancia das TIC na dinamización de negocios. Foi organizado e impartido por Academia Postal en colaboración do departamento de Emprego do Concello de Burela. En total participaron 12 persoas, ás que lles deron a oportunidade de coñecer as principais posibilidades, ferramentas e beneficios que as novas tecnoloxías poden proporcionar ás PEMES e microempresas no entorno de Burela. Todos os asistentes recibiron unha axenda e un bolígrafo e nos vindeiros días seralles enviado un diploma oficial acreditativo.
![Acto sobre a importancia das TIC na dinamización de negocios](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2009/11/conferencia_tic_burela.jpg)